HomeA CoruñaA CoruñaO Concello inicia a segunda fase de intervencións na rúa Valencia, no...

O Concello inicia a segunda fase de intervencións na rúa Valencia, no barrio de Monte Alto, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade universal

- Anuncio -spot_img

Esta semana comezaron os traballos para renovar as infraestruturas de saneamento, paso previo ás melloras no conxunto de pavimentos, tanto nas beirarrúas como na calzada

A primeira fase do Plan de barrios 2025-27, impulsado polo Concello, avanza a bo ritmo e con novas actuacións xa en marcha; neste caso, en Monte Alto, onde esta semana comezou a segunda fase de intervencións previstas na reurbanización da rúa Valencia.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, salientou a importancia desta medida “para mellorar a accesibilidade no conxunto da rúa”, onde xa se executou previamente unha primeira quenda de traballos co fin de remodelar a rúa Valencia e que pase a estar disposta como plataforma única.

Nesta segunda quenda, o Concello está a actuar primeiro sobre as infraestruturas da rede municipal de saneamento, que pola súa antigüidade esixían unha renovación baixo os estándares que está a seguir o Goberno de Inés Rey: modernizar os materiais das tubaxes para reforzar a seguridade da rede fronte a posibles fugas de auga.

Noemí Díaz apuntou que “intervencións como a que estamos levando a cabo na rúa Valencia teñen a súa complexidade pola configuración urbanística do barrio, con espazos públicos moi comprimidos, ao igual que pasa, por exemplo, na Agra do Orzán”. Por iso,

Díaz fixo fincapé na importancia de “atopar solucións que lles dean resposta ás necesidades veciñais, nas que de paso se gañe superficie e tamén seguridade peonil, tendo en conta especialmente as persoas con mobilidade reducida”.

A segunda fase de traballos na rúa Valencia aparellará tamén a renovación dos pavimentos no sector onde se está a actuar, con materiais diferenciados que, sobre a plataforma única, permitirán visibilizar as superficies das beirarrúas e a calzada.

Publicacións Relacionadas