HomeA CoruñaO Concello inicia as obras de mellora na capa de rodadura en...

O Concello inicia as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal

- Anuncio -spot_img

Trátase, concretamente, dos camiños de Raxeira a Tremoa, o de Leduzo e o de Filgueiras a Loroxo.

O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal. Concretamente, intervirase nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda. Contarán cun orzamento de 154.634,31 euros.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executaranse as excavacións de gabias en terra. Realizarase un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes. Analizarase tamén as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros, procedendo a incrementalas ou disminuilas segundo corresponda.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, destaca que “a través desta intervención conseguiremos, ademais de conseguir unas infraestruturas de calidade para a veciñanza, e que responden ás súas necesidades, tamén un incremento na seguridade viaria, tema moi importante para nós”, destacou o rexedor.

Publicacións Relacionadas