Home A Coruña O Concello inicia traballos de pintado no CEIP O Marbán e no...

O Concello inicia traballos de pintado no CEIP O Marbán e no estadio Alcalde Manuel Candocia

- Anuncio -

• As actuacións contan cun orzamento total superior aos 90.000 euros financiados con fondos propios.

• O centro de ensino quedará renovado tanto no interior como no exterior do recinto. Tamén se están a executar arranxos varios en diversas estancias do campo de fútbol.

O Concello das Somozas iniciou esta semana os traballos de pintado no CEIP O Marbán e no estadio Alcalde Manuel Candocia. Estas actuacións contan cun orzamento total de 91.101,47 euros financiados con fondos propios.

Entre as melloras que se están executando inclúese o pintado tanto interior como exterior do centro de ensino, que quedará totalmente renovado de cara o reinicio das aulas no mes de setembro. Así, a actuación no interior supón un investimento de 24.442,34 euros, mentres que os traballos na parte exterior do recinto alcanzan os 44.875,14 euros.

Por outra banda, tamén se están a realizar melloras varias nas instalacións do complexo deportivo Alcalde Manuel Candocia. Os operarios comezaron co pintado de diversas estancias no campo de fútbol, como os vestiarios ou o ximnasio. Neste caso, o Concello destina 21.783,99 euros ao proxecto de renovación.

O obxectivo destas intervencións, como explicou o alcalde, Juan Alonso Tebrás, pasa por “manter o conxunto de infraestruturas municipais no mellor estado de conservación posible”. “A rapazada contará cun colexio totalmente renovado cando se inicie o curso escolar”, engadiu.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas