HomeA CoruñaO Concello insta á Xunta a saldar a débeda pendente con Neda...

O Concello insta á Xunta a saldar a débeda pendente con Neda en materia de saneamento

- Anuncio -spot_img

Atendendo á solicitude realizada no seu día por INTECMAR, dependente da Xunta de Galicia, o Concello de Neda redactou no último bienio, e presentou no primeiro semestre deste ano a Augas de Galicia o Plan director do saneamento municipal, que aposta pola conexión da rede municipal coa EDAR de Prioriño, ao ser economicamente a opción máis viable.

A Xunta de Galicia financiou o saneamento de todos os Concellos da ría de Ferrol, agás o de Neda. Só no resto de municipios da marxe sur da ría investiu ata 87,2 millóns de euros. No caso de Neda, máis aló da previsión recollida no Plan Hidrolóxico da Demarcación Galicia Costa, de destinar 1 millón de euros no horizonte 2027, non hai compromiso algún. Só hai promesas incumpridas e a negativa reiterada a incorporar aos orzamentos autonómicos partidas para acabar cos vertidos á ría. Unha flagrante discriminación.

O Concello de Neda, que historicamente foi o primeiro en dar pasos para depurar as súas augas, é ben consciente da problemática ambiental existente, e lamenta as consecuencias que se derivan para o colectivo de mariscadores e mariscadoras de Ferrolterra.

Como saben perfectamente a Cofradía de pescadores de Barallobre, e a Xunta, a administración local, cun orzamento anual que rolda os 5 millóns de euros anuais, carece de medios para dar solución en solitario ao problema do saneamento. Por iso, o Concello reclama á Xunta que tome medidas con urxencia- os veciños de Neda non son menos que os de Ferrol, Narón, Fene, Mugardos ou Ares- e insta á Confraría a esixir solucións a quen realmente pode aportalas.

Publicacións Relacionadas