O concello investirá 40.000 euros na renovación do pavimento da rúa da Torre

adminON
Lectura mínima de 2

A execución das obras implicará a eliminación temporal das prazas de estacionamento.

27 de maio de 2025. O Concello iniciará mañá a execución das obras de renovación e mellora do pavimento na rúa da Torre, en pleno centro da vila de Caión.

O tramo afectado presenta unha lonxitude duns 150 metros e unha anchura media superior aos cinco metros, que están repartidos en dúas franxas de adoquín separadas por unha rigola que serve de canle para conducir as augas pluviais ata o punto de recollida. A franxa que soporta a maior parte da circulación rodada -a marxe dereita en dirección á praza- atópase deteriorada e require dunha intervención para favorecer o tránsito e aumentar a seguridade. Os traballos consistirán na reposición do adoquinado, o que fai preciso levantar as lousas existentes na actualidade.

As obras obrigan a habilitar a parte esquerda da calzada para a circulación dos vehículos entre a rúa Campo da Insua e a praza Eduardo Vila Fano, polo que serán eliminados de xeito temporal, durante a execución das actuacións, os espazos de estacionamento nesa marxe da rúa da Torre.

O proxecto presenta un orzamento de 40.000 euros, sendo o prazo de execución de aproximadamente dúas semanas.

Comparte este artigo