HomeA CoruñaO Concello lanza a campaña ‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’ para...

O Concello lanza a campaña ‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’ para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas neste 8M

- Anuncio -spot_img

● A iniciativa rende homenaxe á forza, ao traballo e ao compromiso diario das mulleres de todas as idades e profesións que fan posible a comunidade camariñá.
● O alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto colaborará na creación dunha guía biográfica para rescatar as historias das mulleres referentes das súas vidas.

O Concello de Camariñas vén de presentar a súa nova campaña institucional con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo), que este ano levará por lema “Somos as mulleres que construímos Camariñas”. O obxectivo principal desta iniciativa é celebrar e facer visible a forza e o valor das mulleres do municipio, rendendo unha merecida homenaxe a todas e cada unha das veciñas que, coa súa vida e traballo, fan posible o avance da comunidade.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, sinala que “a campaña busca representar a mulleres diferentes, de idades, historias e profesións diversas. Malia a súa pluralidade, todas elas están unidas por un fío común: a vontade inquebrantable de construír un lugar mellor, día a día, a través da responsabilidade, do coidado e da colaboración”.

Unha guía biográfica dende as aulas

Un dos piares centrais da programación deste 8M será a implicación directa das novas xeracións. Así, este ano contarase coa colaboración especial do alumnado dos últimos cursos de educación primaria dos CEIPs O Areal e Ponte do Porto.

Os nenos e nenas participarán na elaboración dunha guía biográfica centrada nas mulleres máis importantes das súas contornas: tías, avoas, curmás, nais, veciñas… Trátase, en moitos casos, de mulleres anónimas pero que xogan un papel fundamental nas familias e na vila, e cuxas historias merecen ser coñecidas, compartidas e recoñecidas publicamente.

A través deste traballo colectivo e interxeneracional, o Concello de Camariñas quere poñer en valor as múltiples formas que existen de construír comunidade, lembrando que a historia e o progreso de Camariñas tamén se escriben en feminino.

Publicacións Relacionadas