Home A Coruña O Concello lanza unha enquisa cidadá para avanzar no Pacto Local por...

O Concello lanza unha enquisa cidadá para avanzar no Pacto Local por un Turismo Sustentable

- Anuncio -

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, anunciou en rolda de prensa que a vindeira semana se activarán as enquisas á cidadanía sobre o impacto do turismo en Santiago de Compostela.

A concelleira María Rozas na rolda de prensa desta mañá

Trátase dunha enquisa online para coñecer a visión da cidadanía sobre o impacto das actividades turísticas e como mellorar a súa gobernanza, que se enmarca dentro do proceso de diagnose do Pacto Local por un Turismo Sustentable no que o Concello está a traballar en colaboración coa USC

“A participación cidadá é esencial para unha boa gobernanza do turismo”, asegurou Míriam Louzao, quen informou que “despois dos tres foros turísticos do mes de novembro en que participaron máis de medio cento de entidades de todo tipo, dende colectivos veciñais ou culturais até plataformas empresariais, agora lanzamos estas enquisas para recoller tamén a perspectiva das persoas que viven, traballan, estudan ou visitan regularmente Santiago de Compostela”.

A enquisa consiste nun formulario con preguntas sobre os beneficios e os prexuízos do turismo, a taxa turística que está previsto implantar, a desigual presión turística que se manifesta nas diferentes zonas da cidade ou as políticas sectoriais que se están a levar a cabo. O formulario estará accesible na web pactolocalturismo.santiagodecompostela.gal a partir do 29 de xaneiro e tamén se poderá acceder a través de códigos QR que se difundirán a través das Redes Sociais do Concello e de Turismo de Santiago. A enquisa estará activa todo o mes de febreiro.

Fitur e nova ruta a Heathrow

A concelleira de Turismo tamén fixo unha valoración da participación en Fitur, poñendo o foco no resultado dos contactos e encontros de carácter técnico. Neste sentido, Míriam Louzao valorou moi positivamente a nova ruta de Vueling que conectará os aeroportos Rosalía de Castro e Heathrow e que “a efectos prácticos vai supoñer unha maior conectividade de Santiago con Europa”.

Así, a partir da tempada de verán o aeroporto de Santiago contará cun vóo diario directo ao aeroporto de Londres Heathrow, que se sumará á xa existente de Vueling a Gatwick, que ten cinco frecuencias semanais. Así, Vueling ofertará 12 frecuencias semanais á capital británica, aínda que as dúas rutas se dirixen a segmentos distintos.

Ademais, Vueling tamén anunciou que tamén incrementará a conectividade dende o aeroporto de Santiago con tres frecuencias semanas máis na ruta con Palma, 5 con Barcelona e Las Palmas e 4 frecuencias con Tenerife. En conxunto, Vueling incrementará a súa oferta de prazas no aeroporto de Santiago nun 13% con respecto a tempada de verán.

Miríam Louzao tamén se referiu á presentación en Fitur da campaña “Compostela con tempo. Santiago con todo” asegurando que “a aposta por unha carta de presentación que prima a sustentabilidade sobre calquera outro factor, posiciónanos entre os destinos que se sitúan na vangarda da promoción enfocada ao cambio de modelo turístico”.

“Estamos convencidas que o enfoque da promoción e das campañas debe ir na liña da sustentabilidade e o feedback positivo que recibimos onte por parte do público que asistiu á presentación da nosa campaña corrobora esta aposta” afirmou Míriam Louzao.

Relacionadas

Volta de Gloria preséntase en FITUR como o primeiro itinerario turístico circular que enlaza...

0
Permite facer un percorrido circular de 300 km, con saída e chegada en Santiago, en 10 ou 15 días a través de dúas rutas...

O Concello pon en marcha unha oficina de asesoramento e xestión das subvencións para...

0
As entidades serán acompañadas durante o proceso por persoal da Concellaría de Cultura e Turismo e o IMCE O Concello da Coruña, a través da...

Máis de 2.600 persoas xa formalizaron a súa inscrición no medio maratón C21 e...

0
Este domingo 26 péchase o prazo ordinario, coa tarifa máis reducida. O último día habilitado para inscribirse na proba será o 4 de febreiro Avanza...

Inés Rey fai entrega a Ricardo F. Colmenero do LXXXIV Premio Pérez Lugín da...

0
“Este premio é unha ventá á reflexión constante, centrada no xornalismo pero con luces longas, moi necesarias nestes tempos acelerados”, sinalou a alcaldesa O xornalista...

Ponteceso inaugura a Casa do Maior do Couto

0
Ao acto asistiron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Antón Acevedo, o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato,...

Conmemoración do 172 aniversario de José Martí no parque de Perillo que leva o...

0
A Asociación Francisco Villamil organiza o vindeiro martes 28 de xaneiro ás 17:30 horas o acto público de conmemoración do 172 aniversario do nacemento...

Publicacións Relacionadas