Home A Coruña O Concello licita a renovación de toda a iluminación pública da Coruña,...

O Concello licita a renovación de toda a iluminación pública da Coruña, coa substitución de máis de 20.000 lámpadas en toda a cidade

- Anuncio -

Inés Rey: “Suporá non só un aforro económico moi importante, senón que co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou hoxe, tras a Xunta de Goberno Local, a licitación do contrato que permitirá a renovación completa da iluminación pública da cidade. Trátase dun dos maiores concursos públicos, pola súa contía, convocados polo Concello, xa que suporá un investimento de 30,4 millóns de euros.

“Grazas aos máis de 12 millóns de euros de fondos europeos IDEA, o Concello afrontará a renovación de case 21.000 puntos de luz, trocando as lámpadas existentes por outras de luz led, con moito menor consumo e menor mantemento, o que redundará, a curto prazo, nunha maior calidade luminosa e, no longo prazo, nun aforro considerable no gasto enerxético do Concello”, indicou a alcaldesa.

O contrato, que se licita en dous lotes, non inclúe só a renovación das lámpadas, senón tamén o seu mantemento e unha prestación de garantía total contra calquera incidencia ou eventualidade, ademais da aplicación dun sistema de telexestión para regular de xeito remoto o sistema.

Inclúe tamén os consumos enerxéticos durante un período de cinco anos. No ano 2022 a previsión é que a factura eléctrica sexa de 2,6 millóns de euros, mais unha vez rematada a instalación das novas lámpadas, esa factura baixará aos 1,3 millóns de euros; a metade.

“Non suporá só un aforro económico moi importante, senón que co novo sistema evitarase a emisión á atmosfera da contaminación equivalente a 2.000 vehículos”, indicou Inés Rey.

Marqués de Pontejos
A XGL aprobou tamén o proxecto de construción de cinco vivendas para alugueiro social previstas en Marqués de Pontejos, cun investimento de 830.000 euros. “Trátase dun proxecto que arrincou durante o anterior mandato e que hoxe culminamos”, explicou a alcaldesa, quen lemboru que a construción das novas vivendas suporá o maior incremento do parque municipal de vivenda na última década.

Bolsas de estudos nos Estados Unidos
Na Xunta de Goberno saíu adiante tamén o programa de bolsas para o estudo de primeiro de Bacharelato nos Estados Unidos. O programa recupérase despois dun ano e medio de pandemia, facéndoo en número crecente, pois a cifra mínima de bolsas para o vindeiro curso será de 62. Para este programa o Concello achegará 650.000 euros anuais.

“As bolsas de estudos forman parte das políticas progresistas que defende o meu Goberno e que caracterizan desde sempre ao partido ao que represento. Trátase deaxudar desde o público a que todas as alumnas e alumnos coruñeses teñan as mellores oportunidades”, indicou a alcaldesa da Coruña.

Urbanización de Xuxán
Na sesión de hoxe aprobouse tamén a adxudicación das obras do parque de Xuxán, o antigo Ofimático. Os traballos pendentes executaranse por 11.3 millóns de euros e permitirán completar, en 18 meses, a urbanización de ese espazo co fin de dotar ao novo barrio da cidade dos mesmos servizos que teñen o resto dos barrios da cidade.

Reurbanización de Fernández Latorre
Ademais, na XGL aprobouse tamén o proxecto de reurbanización de FernándezLatorre, entre a glorieta de Ramón y Cajal e Puga y Parga. Trátase dun proxecto que o Goberno municipal quere materializar no medio prazo, mais que opta tamén aos fondos Next Generation, o que podería acurtar os tempos.

O proxecto contempla a construción dun carril bici de dobre sentido. Ampliarase o arboredo e manteranse as prazas de aparcadoiro existentes, eliminando un carril de circulación por sentido e ampliando así a plataforma de uso peonil e para a mobilidade alternativa, en liña coas políticas de mobilidade postas en marcha desde principios do actual mandato.

Prórroga dos bonos PRESCO
Ademais, aprobouse a prórroga dos bonos PRESCO ata o 31 de decembro, co fin de dar máis tempo tanto aos cidadáns como ao pequeno comercio, para aproveitar as axudas existentes. “Con 985.000 euros de orzamento, os bonos están a contribuír, por segundo ano consecutivo, a aumentar a facturación dos negocios, moi afectados pola pandemia”, indicou Rey. Dende o mes de setembro permitiron mobilizar vendas no comercio local por 2,7 millóns de euros.

Urbanismo e rehabilitación
En materia de rehabilitación aprobáronse axudas por 1,3 millóns de euros para a rehabilitación das Casas de Franco, Vivendas de María Pita e Cidade Vella e Pescaría, con achegas que pasan de 12.000 euros de máximo ata 22.000 euros e, nalgúns casos (segundo o nivel de renda) a 30.000 euros.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de inmobles que ten como obxecto regular a obriga de conservación e rehabilitación de edificios na cidade. Tamén permitirá determinar os supostos legais de ruína dos inmobles así como a regulación do informe de avaliación dos edificios.

“Quero destacar que este proxecto de ordenanza é froito do marco de diálogo con Marea Atlántica no que estamos a traballar”, apuntou a alcaldesa.

En materia de urbanismo, aprobouse tamén a concesión de licenza a unha promoción de vivenda privada en Eirís, promoción que achegará outros 111 pisos ao parque de vivenda da cidade e que suporá un investimento privado na cidade superior aos 9 millóns de euros.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas