HomeA CoruñaO concello licita o proxecto de Mellora das Infraestruturas viarias do Parque...

O concello licita o proxecto de Mellora das Infraestruturas viarias do Parque Empresarial

- Anuncio -spot_img

Está valorado en máis de 145.000 euros e será cofinanciado pola Consellería de Economía e Industria.

O Concello sacou a licitación o proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial, actuación coa que van facilitar os accesos principais na zona sur pola estrada AC-552 e a autoestrada AG-55, ambas directamente conectadas co ámbito industrial.

O paso continuo de vehículos de alta tonelaxe e maquinaria pesada cara a zona empresarial causou deterioracións na superficie de rodadura, polo que o Concello promove a actuación para renovar o firme co propósito de aumentar o confort do tráfico rodado e aumentar a seguridade viaria.

O proxecto inclúe catro puntos de intervencións diferenciados. Tres afectan a tramos de calzada, situándose un entre as glorietas da AC-552 e a do acceso principal ao parque empresarial; outro no sector que discorre fronte ao viveiro de empresas; e os dous últimos son a propia rotonda que está a continuación e o seguinte tramo de vía en dirección Lendo e por diante da siderurxia.

En total son preto de 800 metros lineais de calzada os afectados, nos que se vai renovar a superficie de rodadura co fresado do firme e a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. Tamén será mellorada a rede de recollida de pluviais para evitar riscos de que a auga de choiva invada a plataforma da calzada. Por último, inclúese a sinalización horizontal e vertical nos tramos afectados.

O proxecto está valorado en máis de 145.000 euros, e será cofinanciado entre o Concello e a Consellería de Economía e Industria ao abeiro da convocatoria de axudas encamiñadas á rehabilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.

As empresas interesadas en concorrer ao procedemento de contratación teñen de prazo ata o 7 de outubro para presentar as súas ofertas.

Publicacións Relacionadas