HomeA CoruñaO Concello mellora o mobiliario urbano no barrio de Xuxán coa instalación...

O Concello mellora o mobiliario urbano no barrio de Xuxán coa instalación de dez bancos

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local “ten unha clara aposta por crear espazos públicos de calidade en que as cidadás e os cidadáns sexan os verdadeiros protagonistas”
O Concello, a través do Servizo Municipal de Infraestruturas, mellorou o mobiliario urbano no barrio de Xuxán coa instalación de dez bancos, que facilitarán a mobilidade e o lecer da cidadanía. Esta iniciativa, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, propiciará a convivencia da veciñanza.
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local “ten unha clara aposta por crear espazos públicos de calidade en que as cidadás e os cidadáns sexan os verdadeiros protagonistas” e manifestou que “estes bancos eran necesarios mentres non se inicia a segunda fase da urbanización en Xuxán”. Rey apuntou que nas vindeiras semanas a Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade tamén instalará varias papeleiras na zona.
Ademais, o Concello dotou de bancos novos a sede da asociación de veciñas/os do Birloque, respondendo así a unha demanda veciñal da devandita entidade, e á rolda de Outeiro, á altura do número 280, por petición da asociación de veciñal Agra do Orzán.

Publicacións Relacionadas