Home A Coruña O Concello mellorará a seguridade peonil no acceso á Galiña Azul de...

O Concello mellorará a seguridade peonil no acceso á Galiña Azul de San Roque

- Anuncio -

O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, visitou esta mañá a rúa das Rodas na que o Concello vai executar unha intervención para mellorar a accesibilidade peonil á Galiña Azul de San Roque. Con esta actuación, consistente na construción dun paso elevado de peóns, o Concello incrementará a seguridade do tránsito escolar na zona, respondendo ás demandas de proxenitores e da ANPA.

Xesús Domínguez detallou que este proxecto, que acaba de ser aprobado pola Xunta de Goberno co obxectivo de mellorar a accesibilidade peonil á Galiña Azul de San Roque, “responde á escoita activa dos sectores implicados, os pais e nais, e da ANPA desta escola infantil que hai anos viñan demandando un paso seguro”, xa que na actualidade o tránsito escolar ten que facerse a través do paso de peóns da Porta do Camiño ou ao de San Roque, “xenerando situacións de inseguridade”.

O concelleiro explicou que esta actuación consistirá na construción dun “paso de peóns elevado con plataforma única onde se vai recuperar a cota das beirarrúas, creando unha zona de preferencia peonil”, así como na mellora das instalacións da rede de pluviais, cun soterramento da nova recollida de augas baixo o novo paso, e na renovación do mobiliario urbano na entrada da escola.

Segundo o edil, esta actuación permitirá “aumentar a seguridade, dar preferencia aos peóns, facendo que os vehículos teñan que ir cunha velocidade máis pausada” pola rúa das rodas.

Esta actuación, que contará con 66.209,99 euros de orzamento e un prazo de execución de tres meses, “é totalmente coherente e compatible coa filosofía do conector central e vaise executar de forma coordinada entre todos os departamentos”, detallou.

Ademais, como indicou Xesús Domínguez, esta intervención súmase a outras deste tipo “como a que se vai levar a cabo na rúa dos Loureiros, na que tamén se fará un paso de peóns elevado que vai facilitar e garantir a seguridade do paso escolar entre as escaleira de San Roque e a ruela da Estila”.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas