Home A Coruña O Concello oferta case 700 prazas nos cursos municipais de iniciación ao...

O Concello oferta case 700 prazas nos cursos municipais de iniciación ao golf que se impartirán nos campos da Torre durante o vindeiro ano

- Anuncio -

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro domingo 8 de decembro

O Concello da Coruña abriu este luns o prazo de presentación de solicitudes para o primeiro trimestre dos cursos de iniciación ao golf que terán lugar no Campo Municipal da Torre durante o vindeiro ano. A oferta total de cara ao 2025 é de 664 prazas, distribuídas en catro quendas diferenciadas (de xaneiro a marzo; de abril a xuño; xullo e agosto; e de outubro a decembro).
Para a quenda inicial prevista nos tres primeiros meses do ano disporanse 136 prazas, con cursos orientados ao público infantil (6-11 anos), xuvenil (12 a 16 anos) e adulto (de 17 anos en diante). En canto ao primeiro trimestre de ano, as datas de inicio e finalización dos cursos serán as seguintes:
● Luns e xoves: inicio o 2 de xaneiro e finalización o 17 de marzo de 2025. ● Martes e venres: inicio o 3 de xaneiro e finalización o 18 de marzo de 2025.
● Sábados e domingos: inicio o 11 de xaneiro e finalización o 22 de marzo de 2025.
Todas as persoas interesadas en presentar a documentación necesaria para optar ás 136 prazas que se ofertan no primeiro trimestre de 2024 xa poden formalizar a súa solicitude. O prazo estará aberto ata o vindeiro domingo 8 de decembro, ás 23.59 horas. Cómpre lembrar, a este respecto, que terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña e que non participasen xa en convocatorias previas dos cursos municipais de iniciación ao golf.

A dita preinscrición deberá realizarse en liña, a través do formulario xa habilitado na páxina web da Concellaría de Deportes. Toda a información sobre os cursos municipais de iniciación ao golf pode consultarse na web do Concello.
A distribución de prazas prevista de cara ao 2024
Xa está definido o cadro de distribución de prazas de cara ás cinco quendas dos cursos municipais de iniciación ao golf en 2024. É o seguinte:
● Xaneiro-febreiro-marzo: 136 prazas.
● Abril-maio-xuño: 136 prazas.
● Xullo: 128 prazas.
● Agosto: 128 prazas.
● Outubro-novembro-decembro: 136 prazas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas