O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas actividades municipais de envellecemento activo.
Entre outras cousas, vaise informar de como prever caídas, como actuar se chega a producirse, exercicios de fortalecemento e equilibrio, creación de contornas seguras para previr caídas, recomendacións para diminuír o risco de caídas (calzado, facer exercicio…), alertar dos principais factores precipitantes…