Este xoves ábrese o prazo de inscrición nesta proposta gratuíta
O Concello de Neda recupera en marzo o seu ciclo de Andainas saudables. E faino no marco da programación especial do Mes da muller, cunha proposta gratuíta aberta a todos os públicos, baixo o lema “Avanzando en igualdade”. Trátase dunha ruta circular, con saída e chegada na contorna do albergue de peregrinos para a que mañá se abrirá o prazo de inscrición.
A iniciativa terá lugar o domingo 16 de marzo, a partir das 10 horas, cun percorrido sinxelo para as persoas afeitas a camiñar, que discorrerá polos municipios de Neda e de Narón. En total, un percorrido 9,18 km, se apenas desniveis.
Así, as persoas participantes percorrerán en sentido inverso o tramo do Camiño Inglés que vai dende Xuvia ata o mosteiro do Couto e, dende alí, regresar a Neda, cruzando a ría pola pasarela paralela á ponte do ferrocarril. De volta a terras nedenses, o itinerario atravesará o centro histórico (de novo coincidindo coa ruta de peregrinación) e, en Santa María, conectará co paseo marítimo ata alcanzar o albergue.
A proposta está aberta a persoas mozos/as de 14 anos en diante e adultos. Dende mañá será posible inscribirse, chamando ao teléfono da biblioteca (981 390233), en horario de luns a xoves, de 9 a 13 e de 16 a 20 horas, e os venres, de 9 a 13 horas. As prazas son limitadas.
A andaina saudable pola igualdade forma parte da oferta deseñada polo concello con motivo do 8M, un programa de actividades, que conta co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.