● As persoas interesadas poderán anotarse ata o 9 de outubro de forma presencial ou na sede electrónica municipal.
O Concello de Miño pon en marcha dúas saídas micolóxicas dirixidas a persoas maiores de idade, que se celebrarán os sábados 18 de outubro e 15 de novembro.
O prazo de inscrición abrirase o 9 de outubro e deberá realizarse a través do rexistro municipal, ben mediante a sede electrónica ou de forma presencial.
As prazas son limitadas, e terán prioridade as persoas empadroadas en Miño.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal ou do teléfono 627 45 93 82.