HomeA CoruñaO concello organiza unha nova excursión ás Rías Baixas para maiores de...

O concello organiza unha nova excursión ás Rías Baixas para maiores de 55 anos, xubilados e pensionistas

- Anuncio -spot_img

A inscrición estará aberta do 22 ao 24 de setembro e debe formalizarse no Edificio Administrativo da Laracha.

O Concello volve apostar pola dinamización social e cultural do colectivo das persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas empadroadas no termo municipal, ao que se ofrece unha nova oportunidade para desfrutar dunha xornada de convivencia, cultural e de ocio. Nesta ocasión será mediante unha excursión ás Rías Baixas que se realizará o día 22 de outubro

O programa inclúe experiencias singulares: unha primeira parada en Sanxenxo, visita a O Grove e travesía en catamarán pola ría con comida mariñeira a bordo. A viaxe completará o seu percorrido en Cambados, berce do albariño e cun casco histórico declarado Ben de Interese Cultural.

A saída dos autobuses da Laracha será ás 7:30 horas desde a Praza Les Sables d’Olonne e o prezo por participante é de 60 euros. As inscricións estarán abertas entre o 22 e o 24 de setembro (luns a mércores da próxima semana) no Departamento de Servizos Sociais (Edificio Administrativo da Laracha). Hai cen prazas dispoñibles e priorizaranse a aquelas persoas que non participaran nas dúas últimas viaxes destas características organizadas polo Concello. No caso de ser necesario, para outorgalas celebraríase un sorteo público o venres 26 de setembro ás 11:00 horas no Edificio Administrativo da Laracha.

Con esta iniciativa o Concello reafirma o seu compromiso con ofrecer alternativas de lecer de calidade que promovan o envellecemento activo, fomenten a convivencia e reforcen os vínculos sociais entre a veciñanza.

Publicacións Relacionadas