O Concello organiza unha saída para coñecer Soutomaior e o Entroido de Cobres

adminON
Lectura mínima de 1

· Pode participar calquera persoa maior de 18 anos e levará a cabo o 13 de febreiro.


· Os días para anotarse serán o 23 e o 24 de xaneiro no teléfono 981 791 252 ext.7 ou a través dun formulario web.

O Concello de Bergondo organiza unha saída sociocultural para coñecer Soutomaior e o recoñecido Entroido de Cobres, que terá lugar o martes 13 de febreiro e na que pode participar calquera persoa maior de 18 anos.

Os días para anotarse serán o 23 e o 24 de xaneiro, no teléfono 981 791 252 ext.7 en horario de 9:30 a 14 horas, ou a través do seguinte formulario web https://docs.google.com/forms/d/13dcuomLjbRSMuyAmjNucTNnX3QNi6Lh5xbW3jE8HWNI/edit

Se hai máis solicitantes que prazas, o 26 de xaneiro ás 10:30 horas realizarase un sorteo público na Casa da Cultura. Tanto para o sorteo de prazas como de asentos no autobús, terán preferencia as persoas empadroadas en Bergondo.

Os participantes nesta saída coñecerán Ponte Sampaio, o Castelo de Soutomaior e o Entroido de Cobres. O prezo é de 20 euros por persoa, con todos os gastos incluídos.

Comparte este artigo