Home A Coruña O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’,...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María Pita 

- Anuncio -

Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións 

O Concello organiza durante estes meses de febreiro e  marzo visitas guiadas á exposición ‘O legado de José Ramón’, que se atopa aberta ao  público na Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita ata o vindeiro 30 de  marzo. “Desde o Goberno de Inés Rey queremos dar a coñecer a figura dun dos artistas  coruñeses máis recoñecidos, que nos deixou un legado de suma importancia que inclúe  obras como o escudo da cidade”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. 

Os vindeiros días 19 de febreiro, e 5, 19 e 26 de marzo de 18 a 19:00h realizaranse visitas  guiadas por Ana Iglesias, comisaria da exposición e filla do artista. Cada grupo ten unha  capacidade limitada a 25 persoas. A reserva de prazas pódese facer escribindo ao correo:  kioscoalfonso@coruna.gal. 

Ana Iglesias será a encargada de realizar as visitas guiadas nas que proporcionará  información detallada sobre os diversos aspectos das obras expostas: o proceso creativo, o  seu estilo, as técnicas utilizadas, o contexto histórico. A visita será aínda máis  enriquecedora na primeira planta do Palacio Municipal, onde os e as visitantes poderán ver  con detalle as tallas do Salón de Sesións, o Libro de Ouro e os escudos da cidade. 

A exposición ‘O legado de José Ramón’ xorde a partir dunha xenerosa doazón realizada  pola familia do ilustre artista ao Concello, coa que se cumple co desexo expreso do propio  José Ramón. A mostra inclúe 24 debuxos orixinais que narran episodios clave da historia da  Coruña. Estas obras serviron como base para que o ebanista Ladislao Stern realizase as  icónicas tallas en madeira que decoran o Salón de Sesións do Concello. Así mesmo, a  exposición enriquécese cos debuxos orixinais do Libro de Ouro, nos que destacan os seus  escudos heráldicos, e con representacións de momentos históricos emblemáticos, como a  defensa de María Pita contra as tropas inglesas. Para completar este percorrido artístico e histórico, preséntase unha selección de obras pertencentes á última etapa creativa do  artista que ofrecen unha visión integral da súa traxectoria.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

0
A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos...

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das...

0
Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira...

Publicacións Relacionadas