Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o Plan Municipal de Xestión de Residuos 2025-2030: A Coruña investirá máis de 180 millóns de euros en cinco anos para mellorar o tratamento do lixo
Novo paso adiante no desenvolvemento do polígono urbanístico de Visma, que vislumbra xa a posta en marcha dos traballos de construción da bolsa residencial alí prevista, despois de que o Concello aprobase hoxe a concesión da primera licenza no ámbito, para un edificio de 114 vivendas.
A autorización deste permiso foi un dos asuntos máis destacados na Xunta de Goberno Local desta mañá, que deu luz verde á concesión da licenza sobre o proxecto básico presentado por Visma Homes, firma que prevé un investimento de 16,5 millóns na parcela Z4-R12LB, que conta cunha superficie de 3.100 metros cadrados no polígono.
Ademais das vivendas, o edificio contará, ademais, con prazas de garaxe, rochos, oficinas e zonas comúns, segundo o plantexamento achegado pola promotora, que disporá de seis meses de prazo para iniciar os traballos e dun total de 36 para completalos.
O pulo á urbanización de Visma polígono urbanístico de Visma, onde unha cuarta parte das 3.600 vivendas previstas serán de protección oficial, xa está a ser visible coa construción progresiva das infraestruturas e viais. Agora, en paralelo, avanza coa concesión dos permisos de edificación correspondentes.
Rehabilitación dun edificio no Camiño da Igrexa
Ademais, hoxe tamén se notificou a concesión da licenza necesaria para a rehabilitación integral dun edificio no Camiño da Igrexa, a carón do parque de Oza. Concretamente, o número 20, onde se prevé habilitar tres novas vivendas.
O investimento previsto pola promotora é de algo máis de 268.000 euros, con 24 meses estimados para o prazo de execución.
Un novo aloxamento hostaleiro en Agrela
Tamén este xoves, a Xunta de Goberno Local, concedeu os permisos necesarios para adecuar un antigo edificio de oficinas no polígono de Agrela, onde etá previsto para abrir unha pensión de dúas estrelas cunha capacidade de 126 prazas, ampliando así os aloxamentos hostaleiros dispoñibles na cidade e, máis concretamente, os que prestan servizo ao parque industrial.
O investimento previsto pola empresa promotora é de 1,4 millóns de euros, co obxectivo de remodelar o edificio, situado na rúa Gambrinus.
As axudas á rehabilitación abren camiño a melloras nun edificio de Juana de Vega
Ademais, tamén hoxe, a Xunta de Goberno validou a concesión dunha subvención de case 600.000 euros á comunidade de veciños do nº 6 da rúa Juana de Vega, cantidade que se destinará á rehabilitación do edificio ao abeiro da convocatoria de axudas á rehabilitación que o Concello lanzou o ano pasado.
Esta convocatoria forma parte das medidas nas que está a traballar o Goberno de Inés Rey para dar resposta ás diversas necesidades existentes na cidade en materia de vivenda. Unha delas, contribuír ás actuacións de mellora da accesibilidade e eficiencia enerxética en áreas de rehabilitación como a Pescaría, Cidade Vella, Ventorrillo e Labañou. Neste caso concreto, o bloque do nº 6 de Juana de Vega está no ámbito PEPRI e solicitou fondos ao abeiro da convocatoria do ano pasado.
Unha meta: alcanzar taxas de reciclaxe de máis do 50% antes do 2030
Outro dos puntos importantes na orde do día da Xunta de Goberno foi a aprobación do Plan Municipal de Xestión de Residuos 2025-2030, unha folla de ruta que profunda no compromiso do Goberno de Inés Rey cunha cidade máis sostible, con maior calidade de vida para os seus habitantes e cun modelo de xestión que aposta pola redución na xeración de residuos, a recuperación, a reciclaxe e a economía circular.
O Plan prevé un investimento de 180 millóns de euros entre 2025 e 2030, que serán financiados con fondos propios, estatais e da Unión Europea, así como os achegados polos SCRAPS (Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor).
En liña coa Lei 7/2022 de residuos e sós contaminados para unha economía circular e coa Lei 6/2021 de Galicia, o plan incorpora os obxectivos medioambientais das directivas europeas e, a nivel autonómico, segue as liñas do Plan Sectorial de Xestión de Residuos
Municipais de Galicia 2030.
Entre os obxectivos máis destacados figuran reducir un 10% a xeración de residuos per cápita, acadar un 60% de recollida separada, mellorar a calidade das fraccións e limitar os residuos que acaban no vertedoiro ao 20% antes de 2030. Tamén prevese alcanzar taxas de reciclaxe superiores ao 50%.
Estas metas contribuirán a situar a cidade da Coruña como referente en xestión sostible e supoñerán beneficios directos para a calidade de vida da cidadanía como a mellora dá limpeza viaria, redución do impacto ambiental e a creación de emprego vinculado á economía circular. Entre as actuacións previstas destaca o reforzo de iniciativas xa postas en marcha como a consolidación dá recollida separada de envases lixeiros, iniciada coa implantación do quinto contedor; o reforzo dá recollida separada dos biorresiduos, a ampliación da actual rede de composteiros comunitarios a outros barrios da cidade e o aumento das recollidas porta a porta comerciais.
Na mesma liña, o Plan prevé un reforzo da recollida de residuos perigosos ou de difícil reciclaxe, ben a través do punto limpo móbil como da implantación de novos minipuntos en toda a cidade, así como a modernización da planta de Nostián. Tamén se reforzarán as campañas de sensibilización e educación ambiental.
Así mesmo, contémplase a posta en marcha de iniciativas novas como as recollidas domiciliarias, programas de prevención do desperdicio alimentario e de consumo responsable e a creación de centros de autorreparación e reutilización ao dispor da cidadanía ligados aos puntos limpos.
Tras a aprobación inicial do Plan pola Xunta de Goberno Local, o documento enviarase á Xunta de Galicia para que emita un informe vinculante antes de levar a súa aprobación definitiva ao Pleno municipal.
Luz verde ao informe de viabilidade do campo municipal de golf
Ademais, o Concello sigue a traballar na licitación de diversas concesións municipais. Unha delas, a do campo municipal de golf de A Torre. A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente este xoves o estudo de viabilidade económico-financeira necesario para licitar para o novo contrato do servizo.



