O Concello participa dunha xuntanza entre Alingua e a RAG contribuír á promoción do Galego

adminON
Lectura mínima de 2

O concelleiro de Cultura e promoción da lingua, Gonzalo Castro, participou nunha reunión que cualificou de “moi construtiva”

O concelleiro de Cultura e responsable do departamento de promoción da lingua, Gonzalo Castro, participou este mércores da reunión que a directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) mantivo co presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo Neste encontro púxose en valor o importante papel que teñen as entidades locais nas accións nas accións de promoción do uso do galego.

O Concello da Coruña está na directiva de Alingua desde outubro de 2024, xunto aos concellos de Pontevedra, Carballo, Moaña, Narón, Rois, e Betanzos, “nunha mostra do compromiso do goberno de Inés Rey pola defensa e promoción da nosa lingua, un goberno municipal que foi o primeiro en aprobar unha ordenanza de uso do galego no noso Concello”, tal e como apuntou Castro, que destacou que o ton da xuntanza deste mércores foi “moi construtivo”.

Acordouse a elaboración dun protocolo de colaboración entre ambas institucións, que abordará accións concretas de dinamización e promoción da nosa lingua, como o programa “Modo Galego”. A RAG apoiará as accións de fomento e promoción do galego desenvolvidas por parte de ALingua, atendendo ás distintas realidades existentes nos concellos do país.

Comparte este artigo