HomeA CoruñaO Concello pide á Xunta un cribado masivo para detectar posibles casos...

O Concello pide á Xunta un cribado masivo para detectar posibles casos pola covid-19

- Anuncio -spot_img

O goberno local contacta, de forma diaria, co centro de saúde do municipio para coñecer o número de casos activos. A cifra de hoxe, venres 22 de xaneiro, é de 46 positivos.

O goberno de Carral contactou coa Xunta de Galicia, hai xa varias semanas, para solicitar un cribado masivo entre a poboación do municipio. En palabras do equipo de goberno, o obxectivo desta petición non é outro “que detectar posibles casos positivos pola covid-19 e sobre todo, dar coas pesoas asintomáticas”.

Ante a falta de resposta por parte do organismo autonómico, o executivo reiterou, esta mañá, a súa petición ante o aumento de casos que se foi producindo nos últimos días.

O concello contacta, de forma diaria, co centro de saúde do municipio para coñecer a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Carral. Segundo os datos proporcionados hoxe polo centro médico, a cifra de positivos ascende a 46 persoas

Desde o goberno local fan un chamamento á poboación para que cumpra coas principais medidas de prevención: lavado de mans, mantemento da distancia social e utilización da máscara.

Publicacións Relacionadas