Home A Coruña O Concello pon en marcha NEO, un programa de ocio dirixido á...

O Concello pon en marcha NEO, un programa de ocio dirixido á mocidade de entre 12 e 17 anos

- Anuncio -

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que nesta primeira edición organizaranse 65 actividades gratuítas con 515 prazas en 3 semanas de actividade, do 3 ao 18 de agosto de 2021

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, presentou esta mañá en María Pita NEO, un programa piloto que ten como obxectivo achegar e proporcionar alternativas de lecer que respondan aos intereses das mozas e dos mozos de entre 12 e 17 anos. Nesta primeira edición organizaranse 65 actividades gratuítas con 515 prazas en 3 semanas de actividade, do 3 ao 18 de agosto, que terán lugar nos centros cívicos de cada barrio.

A nosa intención, explicou Neira, é desenvolver e reforzar actividades dirixidas ao tramo dos 12 aos 17 anos dándolle prioridade á educación para captar a esta franxa de poboación a este tipo de lecer para que “poidan ter unha oferta máis atractiva que responda aos seus intereses”. NEO nace da metodoloxía de Nocturnia, mais centrado na franxa de idade de 12 a 17 anos, buscando a súa participación nos períodos estivais e concentrando as actividades en horarios diúrnos durante a semana. Deste xeito, poderán participar entre semana en NEO e a fin de semana na programación da Nocturnia “tradicional”. As actividades ofértanse en cada barrio na rede de centros cívicos agás aquelas que pola súa tipoloxía precisen doutro espazo de realización.

Queremos, dixo Neira, achegar á mocidade aos servizos e recursos da súa contorna máis próxima para que podan coñecelos e telos presente no seu día a día. Neira resaltou que esta franxa de poboación “é unha prioridade absoluta para o Goberno de Inés Rey”.

Neira apuntou que este ano NEO será un programa piloto co que poderemos sentar una base de acción para a formulación de programas para a mocidade dunha maneira flexible e coa participación directa dos colectivos xuvenís.

As actividades enmarcadas no programa NEO serán de balde para as persoas que participen nelas e contan cun protocolo sanitario específico posto a disposición da cidadanía a través da páxina web para o seu coñecemento. A participación implica a aceptación deste protocolo. A tipoloxía de actividades é variada: surf, skate, obradorios de artesanía, escalada en rochódromo, esgrima láser, break dance…

A inscrición realizarase a través dun formulario habilitado na web www.coruna.gal/mocidade Para a inscrición aparecerá cada centro cívico nomeado, e nel, as actividades ofertadas como parte da súa programación. O período de inscrición será do 28 ás 10.00 horas ao 30 de xullo, ata as 12.00 horas.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas