Home A Coruña O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de...

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras as fortes borrascas rexistradas no mes de xaneiro

- Anuncio -

Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana

O Concello comezou esta semana os traballos de reparación da duna da praia de Riazor, afectada polas tres borrascas -—Éowyn, Herminia e Ivo— que tiveron lugar durante o pasado mes de xaneiro.

Unha retroexcavadora de 30 toneladas traballará ao longo destes días en Riazor para volver a montar e perfilar a duna. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que está previsto que os traballos de reparación da estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estean finalizados esta mesma semana.
“A duna resistiu adecuadamente o paso de tres borrascas seguidas e agora hai que aproveitar estes días para reconstruíla e que cumpra a súa función no que queda de inverno”, dixo Neira. Durante as xornadas de mal tempo, un retén dos servizos de limpeza municipais estivo pendente de retirar a area que puidese chegar ao paseo.

A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal. Este tipo de situacións meteorolóxicas danse na Coruña entre unha e tres veces ao ano de media. A duna permanecerá en Riazor ata mediados de maio, data na que será retirada para deixar as praias preparadas con vistas á tempada de baño a partir do 15 de xuño.

Relacionadas

O Concello inicia as obras dunha promoción de 50 vivendas para alugueiro social en...

0
A alcaldesa, Inés Rey, apuntou á importancia desta intervención “nun contexto no que os custos da vivenda, tanto en propiedade como en réxime de...

Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2025

0
O festival gratuíto e inclusivo celebrarase na Coruña entre o 6 e o 13 de xullo O Atlantic Pride quenta xa motores para a súa...

Ozuna actuará en exclusiva na Coruña como cabeza de cartel do Morriña Fest 2025

0
Os abonos sairán á venda este xoves 6 ás 13.00 horas O Morriña Festival 2025 suma un novo gran nome ao seu impresionante cartel: Ozuna....

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

0
● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades. ● O 2 de marzo...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

0
O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses O Concello de Fene vese...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

Publicacións Relacionadas