Home A Coruña O Concello pon en marcha un proxecto de recuperación da microtoponimia urbana...

O Concello pon en marcha un proxecto de recuperación da microtoponimia urbana no marco de “Carballo na memoria”

- Anuncio -

A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística promove unhas xornadas que se desenvolverán ao longo de todo o mes de setembro

A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística quere reactivar Carballo na memoria. A iniciativa arrincou no 2014, hai xusto dez anos, como un catálogo fotográfico, pero queremos que vaia moito máis alá, converténdose nun gran proxecto de recuperación da nosa memoria desde o punto de vista audiovisual pero tamén literario, etnográfico ou social.

Con ese obxectivo estamos a traballar nunha serie de actividades de divulgación que empezarán a frutificar ao longo do mes de setembro. O día 5 inauguraremos as Xornadas de microtoponimia, que forman parte dun traballo de recuperación da microtoponimia urbana que está a desenvolver desde hai xa algún tempo o departamento da concelleira Ángeles Pacoret, e que permitirá á cidadanía mergullarse na historia local a través dos topónimos.

As Xornadas de microtoponimia terán distintos escenarios, e un deles será o edificio das antigas escolas do xardín, que, precisamente, neste 2024 celebran 95 anos de existencia e que reabrirán ao público tras unha pequena reforma reconvertidas en espazo multiusos. Coincidindo coa súa reapertura, o inmoble será rebautizado como Escolas do Xardín Agra de Caldas, incorporando o microtopónimo do lugar no que se empraza.

Programa
Nas Escolas do Xardín Agra de Caldas comezarán as Xornadas de toponimia o 5 de setembro, nun acto que abrirán a concelleira de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ás 19.00 horas. Nesa primeira xornada acompañarannos tamén Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da RAG, que nos falará sobre o proxecto Galicia nomeada, do que é coordinador, e Xan Fraga Rodríguez, historiador, docente e escritor, co que faremos un percorrido pola evolución da microtoponimia carballesa. Ese mesmo día inaugurarase unha exposición de fotografías antigas de Carballo, que poderá visitarse durante todo o mes.

As xornadas trasladaranse á semana seguinte ata a parroquia de Verdillo. No centro social, tamén ás 19.00 horas, recibiremos a Xosé María Lema, doutor en Historia da Arte e membro correspondente da RAG, que foi o encargado da investigación sobre a orixe do topónimo da parroquia. O resultado dese traballo darase a coñecer ese xoves 12 de setembro nun acto que presentarán Belén Mato, presidenta da Asociación Cultural Arume, e Veni Serrano, secretario do Consello Parroquial de Verdillo, e que rematará coa actuación da Escola de Regueifa de Carballo.

O xoves 19 regresaremos ao núcleo urbano para realizar un percorrido pola microtoponimia carballesa guiado polo mestre, escritor, filólogo e auténtico experto en toponimia Fernando Cabeza Quiles. A actividade, que coincidirá coa celebración, tamén, da Semana Europea da Mobilidade, será presentada polo concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, ás 19.00 horas.

Como colofón destas primeiras Xornadas de microtoponimia, o xoves 26 ás 19.00 horas reuniremos nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a Fernando Cabeza Quiles, unha das persoas de referencia nesta iniciativa; Rocío Romar, profesora do IES Urbano Lugrís; Marilar Alexandre, escritora, e Iván Méndez, filólogo, todos eles e elas participantes en distintos proxectos de recuperación de microtoponimia, que compartirán unha mesa redonda moderada por Antón Moure, produtor da serie documental Os nomes da nosa terra.

A proxección das primeiras pezas dunha serie audiovisual sobre microtoponimia carballesa e a interpretación de varias cantigas con referencias a topónimos locais por parte das cantareiras de Arume de Verdillo pecharán as xornadas.

A participación nas Xornadas de microtoponimia está aberta a toda a cidadanía. As actividades serán de acceso libre ata completar a capacidade dos espazos nos que se desenvolverán.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas