HomeA CoruñaO Concello presenta a Carreira Enki no Barrio 2026 coa participación de...

O Concello presenta a Carreira Enki no Barrio 2026 coa participación de cinco centros educativos

- Anuncio -spot_img

A iniciativa fomenta a inclusión, a participación infantil e o deporte adaptado, así como a convivencia e os hábitos saudables entre o alumnado

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá no CEIP Curros Enríquez na presentación da Carreira Enki no Barrio 2026, unha iniciativa orientada a promover os valores da inclusión, a convivencia e a participación entre o alumnado.

A actividade, que se celebrará o 17 de outubro no Campo de Marte, contará coa participación de cinco centros educativos do barrio: CEIP Víctor López Seoane, CEIP Cidade Vella, CEIP Zalaeta, CEIP Torre de Hércules e o propio CEIP Curros Enríquez, impulsor da proposta.

Durante o acto, púxose en valor o compromiso da comunidade educativa co desenvolvemento de proxectos que promoven hábitos saudables e reforzan a cohesión social desde as idades máis temperás, en liña co traballo que o Goberno de Inés Rey vén desenvolvendo nos centros educativos da cidade .

A Carreira Enki no Barrio consolídase así como unha iniciativa que promove a colaboración entre centros e a participación activa do alumnado, contribuíndo á construción dunha cidade máis inclusiva e igualitaria. A proba deportiva inclusiva reuniu o pasado ano a 15.000 participantes na cidade, consolidándose como unha referencia neste ámbito.

Publicacións Relacionadas