Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello presenta á veciñanza as propostas de xestión do risco de...

O Concello presenta á veciñanza as propostas de xestión do risco de inundación na zona de Santa María e As Augas

- Anuncio -

O Concello de Neda presentaba á veciñanza onte á tarde as súas propostas específicas de xestión do risco de inundación na contorna dos ríos Basteiro e Belelle. Unhas 40 persoas se achegaron á Casa das Palmeiras para coñecer as conclusións do estudo desenvolvido nos últimos meses pola administración local. O informe final, que constitúe un diagnóstico real do comportamento dos dous ríos, corrixe a análise efectuada por Augas de Galicia a unhas semanas das eleccións autonómicas, e aposta por solucións alternativas.

O enxeñeiro que asina o informe municipal, dispoñible xa na web do Concello, foi o encargado de debullar as conclusións do estudo municipal, que toma como punto de partida os datos do presentado polo ente público dependente da Xunta (área que vai de Ponte Pename a Santa María), e incluíu un amplo traballo de campo, con levantamentos topográficos que se iniciaron na pasada primavera, unha vez que baixou o caudal do río.

Ambos informes coinciden en que o fundamental para retrasar o máximo posible as afeccións en vivendas, como consecuencia de episodios de crecidas, é regular o reparto de caudais entre os dous cauces, garantindo unha proporción acorde coa súa capacidade topográfica (80% Belelle- 20% Basteiro). Algo que non sucede na actualidade. Difiren, iso si, nas medidas a aplicar para conseguilo.

O informe constata que o modelo teórico no que baseou a Xunta as súas propostas non dispón de cotas, nin de borde, nin de interior de cauce nunha serie de elementos, non implementa os tres azudes do cauce do Belelle, obvia as pontes privadas existentes e a presenza de varias tubaxes baixo a Ponte Pename. En resumen, “non reproduce exactamente a realidade, e podería haber actuacións máis prioritarias”.
Nesta liña, o Concello de Neda aposta pola construción en zona de dominio público hidráulico dunha mota ou camellón, unha loma de terra que sobreelevaría uns 90 cm o borde do cauce “ao longo do canal dos dous muíños (o de Carballo ou Xenaro e o de Moncho), así como a parte entre eles do cauce do Belelle”. Serviría para separar as concas dos dous ríos e podería utilizarse como senda peonil. En paralelo, defende a eliminación dos azudes do Belelle e a instalación dun sistema, telecomandado dende o encoro da Fervenza, que ademais de coordinar os alivios do nivel de auga embalsada, controle a apertura das comportas de entrada a todos os muíños existentes.

E en función do resultado destas medidas, se explorarían ou non medidas adicionais como a mellora da capacidade do Belelle (substitución de pontes privadas) e ampliación das pontes da AC-115 e a municipal de Pename, na que pon o foco Augas de Galicia.

Durante a sesión incidiuse en que o Concello adiantou o pasado verán o estudo municipal aos técnicos de Augas de Galicia e, de forma máis recente, as súas propostas de solución. Ademais, o Concello tendeu a man, unha vez más, ao ente autonómico para materializar estas solucións, para tentar que episodios como o vivido o 14 de novembro do 2023 non se repitan en Neda.
Finalmente, en resposta ás preguntas formuladas pola veciñanza, o goberno local reiterou o compromiso de dotar ao municipio dun Plan de Actuación Municipal. Un documento que, segundo recolle o propio Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), non é obrigatorio no caso de Neda, pero si recomendable.

Relacionadas

Abegondo dinamiza o Samaín cunha camiñada á luz das lanternas este venres

0
• Baixo o título ‘Camiño dás Ánimas’, os asistentes poderán gozar dun roteiro nocturno por Beche con espectáculo de lume e maquillaxe. O Concello de...

O Concello da Coruña celebra o Día das Bibliotecas con obradoiros e actividades de...

0
Durante esta semana, a rede de bibliotecas municipais acollen iniciativas baixo o título ‘Por un futuro sostible’ orientadas á concienciación cidadá A Rede de Bibliotecas...

O Concello impulsa unha serie de visitas guiadas os primeiros días de novembro para...

0
· As persoas interesadas poderán facer a inscrición no Museo do Encaixe. O Concello de Camariñas impulsa unha serie de visitas guiadas do 1 ao...

San Sadurniño volve participar este ano no certame ambiental Vilas en Flor

0
O xurado do certame organizado pola Fundación Juana de Vega, ASVINOR e AGAEXAR visitou onte o municipio para facer a avaliación de campo da...

A Reserva de Biosfera, presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo como un dos...

0
● O vicepresidente da entidade e alcalde de Paderne, Sergio Platas, e o Director do PSTD, Diego López, participaron hoxe nunha exposición oral de...

Presentación dos cursos Cemit para novembro

0
Presentación dos cursos Cemit para novembro  Ribeira 23 de outubro de 2024  Hoxe pola mañá procedeuse por parte do segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, á...

Publicacións Relacionadas