HomeA CoruñaA CoruñaO Concello presenta o monográfico ‘O exilio intelectual de Santiago Casares Quiroga’

O Concello presenta o monográfico ‘O exilio intelectual de Santiago Casares Quiroga’

- Anuncio -spot_img

A publicación do Instituto José Cornide céntrase na biblioteca do avogado, político e intelectual durante os seus anos no exilio

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta tarde, na Casa Museo Casares Quiroga, o monográfico ‘O exilio  ntelectual de Santiago Casares Quiroga, obra realizada por María Lopo, especialista na figura de María Casares, e editada polo Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
“O traballo que estamos levando a cabo desde o Goberno de Inés Rey na restauración da memoria democrática reflíctese en feitos como este, coa publicación dunha obra que nos permite afondar na vida de quen foi perseguido polo fascismo na nosa cidade”, indicou Gonzalo Castro. Trátase da primeira das monografías publicadas polo Instituto Cornide, a cal está centrada na biblioteca que o avogado, político e intelectual coruñés, Santiago Casares Quiroga, creou no seu exilio. É un modo de botar luzsobre este período tan descoñecido da súa existencia.

Nas páxinas deste traballo recréase un espazo que prolonga o da biblioteca matriz, a biblioteca da casa familiar coruñesa, espoliada polo fascismo e coméntanse por unha banda, os libros de Santiago Casares que se conservan na actualidade en ‘La Maisón María Casares’, a primeira casa mercada pola súa filla en Francia, e por outra banda, os libros e algúns dos escritos e documentos persoais de Santiago Casares que regresaron á casa familiar na Coruña, hoxe Casa Museo Casares Quiroga, grazas á doazón realizada por Michell e Danielle Casares no 2022. “A recuperación da biblioteca do exilio simboliza algo moi poderoso: que a memoria pode ser reconstruída, que o espolio non é a última estación, que nón nos destruirán, e que as cidades teñen a capacidade de reparar, dinificar e transmitir”, indicou Castro.

María Lopo, especialista en la actriz gallega, exiliada en Francia, María Casares, tamén publicou en 2008 ‘Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)’ y en 2016 ‘O tempo das mareas. María Casares e Galicia’.

Publicacións Relacionadas