HomeA CoruñaO Concello presenta un proxecto para a protección e posta en valor...

O Concello presenta un proxecto para a protección e posta en valor dun cruceiro en Xaviña

- Anuncio -spot_img

● A actuación ten un orzamento de preto de 60.000 euros e o goberno local aprobou en pleno solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a súa financiación.

● Este elemento, catalogado como Ben de Interese Cultural, está no lugar de Cruceiro.

● A súa situación, entre dous vías con paso de vehículos, fai que actualmente estea desprotexido e sexa vulnerable a sufrir danos.

O Concello de Camariñas presentou un proxecto para a protección e posta en valor dun cruceiro no lugar de Cruceiro, na parroquia de Xaviña. A actuación conta cun orzamento de 59.943,50 euros e o goberno local aprobou o pasado venres, 30 de xaneiro, en pleno a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña, dentro do seu programa para a posta en valor de Bens de Interese Cultural, para financiar os traballos.

O cruceiro, de catro metros de altura e do que non se coñece a súa antigüidade, atópase moi próximo á estrada AC-432, de Vimianzo a Camariñas, e sitúase na confluencia de dous vías con paso de vehículos, o que fai que actualmente estea desprotexido e sexa vulnerable a sufrir danos.

O obxectivo do Concello é poñer en valor o cruceiro, outorgándolle o protagonismo que merece. Así, renovarase a pavimentación e a iluminación, peatonalizar a zona, e a retirada e colocación nun novo punto dos contedores. Colocaranse tres bancos de pedra sen respaldo e catro xardineiras.

Desde o goberno local explican que se escolleu este cruceiro e non outro xa que “a axuda provincial só podía solicitarse para Bens de Interese Cultural que sexan propiedade do Concello, e non hai moitos”. “Ademais, o PXOM xa o marca como elemento a protexer”, sinala.

Publicacións Relacionadas