Home A Coruña O Concello programa nove funcións para veciños de todas as idades a...

O Concello programa nove funcións para veciños de todas as idades a través da XVII Mostra de Teatro

- Anuncio -

Todas as representacións realizaranse no auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 20.30 horas.

Malpica converterase, nos meses de outubro, novembro e decembro, no escenario ao que se subirán varias compañías de renome da escena galega. A través da celebración da XVII Mostra de Teatro, o Concello ofrecerá a veciños e veciñas de todas as idades, nove representacións teatrais que se levarán a cabo no auditorio do Centro Cívico do municipio ás 20.30 horas. A programación arrincará o venres, 29 de outubro, e prolongarase ata o 10 de decembro.

A Mostra dará comezo o vindeiro venres, 29 de outubro, da man de “A carreta pantasma” de Berrobambán, dirixida a público adulto. A obra preséntase como unha historia singular na que se fala da morte, do medo e da memoria.

Novembro arrincará coa representación de “Coleccionistas – A arte feita comedia” de Ainé Producións (5 novembro). Trátase dunha comedia didáctica, dunha clase de arte chea de humor na que o público asistente terá un papel do máis participativo. Unha semana despois, o 12 de novembro, a compañía Pérez&Fernández tomará o relevo con “Os nenos da varíola”, baseada na Real expedición Filantrópica da Vacina que partiu desde o porto da Coruña o 30 de novembro de 1803. Ese día, 22 orfos e orfas conformaron unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina aos territorios de ultramar.

“Liberto”, de Rebordelos S.L. converterase na seguinte obra en subir á escena malpicá (19 de novembro). A función conta a historia de Ada, unha moza que relata, a través dun texto teatral, a experiencia máis determinante da súa vida: o nacemento de Liberto, o seu segundo fillo.

A agrupación Os Quinquilláns conquistarán ao público malpicá con “A pluma viva de Rosalía (26 de novembro), inspirada nun feito real de censura a un texto da escritora de Follas Novas. A obra arrinca coa visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación dun artigo. Ao día seguinte, o 27 de novembro, será a quenda de “Bravas” de Isabel Risco. Neste caso, a produción céntrase nas mulleres sen medo, naquelas que forman un valeroso clan que elas mesmas constrúen sobre os piares da rebeldía, a ilusión o inconformismo e a valentía.

Decembro chegará tamén cargado de teatro, e a primeira función terá lugar o venres, 3 de decembro, cando se interpretará “Pinocchio” de Teatro Ghazafelhos (para cativos e cativas a partir de 6 anos). Trátase dunha adaptación da obra clásica na que o protagonista é un monicreque que agocha un segredo no seu corazón. A posta en escena combina os monicreques, o teatro e a música en directo. A temática da Mostra dará un xiro de 180º tan só un día despois, 4 de decembro, cando se interpretará a función “Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”, de Verdeveras Expresións Artísticas en coprodución co Centro Dramático Galego. Nela convídase aos asistentes a reflexionar sobre as normas e parámetros preestablecidos que facemos propios sen sequera pensar se hai outra opción diferente.

A seguinte e última representación será o 10 de decembro coa función “Vida de cans”, a cargo de Talía Teatro. É unha comedia paródica e metafórica na que os actores se converten en tres cans. Durante a obra, os animais terán que afrontar un conflicto diferente en función da súa personalidade.

O aforo máximo en cada un dos espectáculos será de 150 persoas espectadoras. As persoas interesadas poderán reservar a súa entrada desde hoxe, mércores 20 de outubro, a través das seguintes vías: o correo auditoriodemalpica@gmail.com indicando o nome e apelidos de cada solicitante, o número de DNI se é o caso, un teléfono de contacto e os espectáculos nos que desexa realizar a reserva.

Relacionadas

A Corporación pacta por unanimidade que o goberno local renda contas trimestralmente do grao...

0
A proposición dos socialistas busca poñer “fronte ao espello” a alcaldesa que en febreiro do 2020 esixía iso mesmo tras reclamar que os acordos...

AFABER impartirá un curso formativo na Laracha para coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa

0
Desenvolverase no Centro Sociocultural de Vilaño en tres sesións os días 10, 24 e 31 de maio. Baixo o título Coidados compartidos, a Asociación de...

José Manuel López Varela, vogal na Comisión de Vivenda e Urbanismo da FEMP

0
O alcalde da Laracha considera que será unha oportunidade para afrontar desafíos importantes para os concellos nesas materias. José Manuel López Varela, alcalde da Laracha,...

O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha...

0
O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que...

Vimianzo fará un paseo polas estrelas para achegar a observación astronómica á veciñanza

0
Será o vindeiro venres, 3 de maio, a partir das 22:30 horas, no Alto de San Bartolo, en Salto A xornada estará guiada por Begoña...

Unha ampla representación do goberno local de Tomiño visita Carballo para interesarse por iniciativas...

0
As representacións de ambos concellos mantiveron unha xuntanza de traballo e realizaron un percorrido pola vila Carballo é un concello de portas abertas, tamén para...

Publicacións Relacionadas