Home A Coruña O Concello promove ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’, con actividades...

O Concello promove ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’, con actividades para todas as idades no Castro de Elviña

- Anuncio -

Haberá rutas, visitas musicadas, contacontos e actuacións musicais este venres e sábado

Esta fin de semana celebraranse as xornadas ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’, con numerosas actividades lúdicas e culturais para todas as idades no Castro de Elviña. O Concello da Coruña colabora na organización deste evento. Desde o Goberno de Inés Rey búscase estimular a vertente cultural dos distintos barrios, promovendo celebracións nas que teña cabida toda a cidadanía.

As xornadas comezarán este venres ás 22.00 horas co acto ‘O Lagar da nosa memoria’, que será a carón da Casa do Lagar. O sábado a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruta interpretativa da historia, flora e fauna do Castro de Elviña e a súa contorna. Está organizado polo Grupo Naturalista Hábitat e é necesario reservar no teléfono 651 498 212. Ás 12.00 horas haberá unha visita musicada ao Castro de Elviña, para a que tamén será necesario reservar no 981 189 850. Tamén ás 12.00 horas terá lugar unha observación do sol con telescopio solar, coa Agrupación Astronómica Ío.

ÁS 13.00 e ás 17.30 horas haberá unha sesión de contacontos no Castro de Elviña con Anxo Moure. Ás 16.30 horas levarase a cabo unha visita á última escavación do castro explicada in situ. Haberá que reservar no 651 498 212. Tamén ás 16.30 horas haberá un obradoiro de construción de brinquedos con refugallos, impartido por Antón Cortizas. A xornada finalizará ás 18.00 horas cos concertos de Icía Varela e Richi Casás.
‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’ está organizado pola asociación Tempo Novo e conta coa colaboración do Concello da Coruña, así como dos seus Museos Históricos, ao que pertence o Castro de Elviña.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas