HomeA CoruñaO Concello promoverá a conciliación das familias no curso escolar cunha nova...

O Concello promoverá a conciliación das familias no curso escolar cunha nova edición de Ponte-cedo

- Anuncio -spot_img

· O prazo de solicitude estará dispoñible entre hoxe, martes 15 de xullo, e o mércores, 3 de setembro.

Ponteceso mantén a súa aposta por promover a conciliación das familias tanto en períodos non lectivos como durante o curso escolar. O Concello abriu hoxe, martes 15 de xullo, o prazo de solicitude de Ponte-cedo, un servizo destinado ás familias con menores matriculados en segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria durante o curso 2025/2026. Por medio deste programa, os pequenos e pequenas estarán atendidos antes do inicio das clases, entre as 7.15 e as 9.15 horas.

En total, ofrécense 24 prazas, reservándose dúas máis para familias que precisen facer uso desta prestación de xeito puntual.

O prazo de presentación de solicitudes estará dispoñible ata o mércores, 3 de setembro. As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal mediante o impreso específico. Este deberá estar asinado pola persoa solicitude, incluír o nome do menor e terá que ir acompañado, ademais, da documentación correspondente.

Programa respira

A posta en marcha de iniciativas de conciliación vai máis aló do curso escolar. Así, o Concello ten en marcha, actualmente, o seu programa Respira. A iniciativa desenvolverase ata finais de agosto nas parroquias da Campara, Corme, Pazos e Ponteceso.

Publicacións Relacionadas