HomeA CoruñaA CoruñaO Concello reclama á Xunta as obras de renovación da acometida eléctrica...

O Concello reclama á Xunta as obras de renovación da acometida eléctrica do Colexio Valle Inclán

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oleiros requiriu á Xunta de Galicia a urxente renovación da acometida eléctrica do Colexio Valle Inclán. Por seguridade e para que nin o centro de ensino nin o pavillón queden sen electricidade é necesario realizar a obra de inmediato.

No caso de que por cuestións burocráticas a Xunta non poida realizar a obra xa, o Concello estaría disposto a executala. Sempre e cando, a Consellería de Educación pague posteriormente.

A actual canalización está fortemente deteriorada debido ás raíces de varias árbores. Os días de chuvia ou de humidade elevada prodúcense diversas incidencias que ocasionan perdas de electricidade, cos conseguintes inconvenientes.

Por seguridade e por necesidades de funcionamento do centro e do pavillón, está situación non se pode prolongar durante máis tempo.

Publicacións Relacionadas