HomeA CoruñaO Concello remitirá a documentación da vertedura da Ribeiriña á Xunta por...

O Concello remitirá a documentación da vertedura da Ribeiriña á Xunta por terceira vez

- Anuncio -spot_img

· Os documentos foron enviados á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ata en dúas ocasións durante o mes de abril.

O Concello da Pobra remitirá, unha vez máis, á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a documentación requirida pola vertedura da Ribeiriña. Desde o goberno local apuntan que o expediente xa fora elaborado polo persoal técnico de Urbanismo e Medio Ambiente e enviado á Xunta de Galicia ata en dúas ocasións durante o mes de abril. Así mesmo, o equipo de goberno solicita a maior axilidade posible para “buscar unha solución a este problema medioambiental”.

O envío de documentación realizouse, por primeira vez, o 8 de abril. Porén, debido ao alto volume e peso dos arquivos, este viu rexeitado, polo que o Concello repetiu a operación unha segunda vez o 29 do mesmo mes. Desde abril, o Concello non recibiu ningunha outra contestación ao respecto por parte do organismo máis aló das últimas declaracións publicadas en diversos medios de comunicación. O equipo de goberno explica que o persoal técnico está traballando xa para volver realizar este trámite e remitir, por terceira vez, o expediente á Consellería.

Desde o goberno local lembran que as competencias para abordar a problemática na Ribeiriña son de Costas e da Xunta de Galicia. Neste sentido, inciden na necesidade de actuar cunha maior “axilidade” para solucionar esta situación.

Publicacións Relacionadas