Home A Coruña O Concello renova o convenio nominativo coa Asociación Ecos do Sur para...

O Concello renova o convenio nominativo coa Asociación Ecos do Sur para mellorar a empregabilidade dos colectivos vulnerables

- Anuncio -

A entidade recibirá 25.000 euros da área de Emprego para os seus programas de inserción laboral

A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da Asociación Ecos do Sur María Lareo Fernández, asinaron no Palacio de María Pita a renovación do convenio nominativo por importe de 25.000 euros destinado ao programa para a mellora da empregabilidade de colectivos vulnerables que desenvolve a entidade.

Rey destacou que con este convenio e os demais que se articulan desde a área de Emprego, o Goberno local “traballa no ámbito das súas competencias sobre todo na inserción laboral das persoas que tuenen máis difícil acceder a un traballo e a unha vida autónoma”. Este labor, engadiu, “complétase coas iniciativas que desenvolven outras áreas como Benestar Social e Igualdade nos ámbitos da inclusión e a formación”.

Desde 1991, Ecos do Sur deseña e desenvolve proxectos de atención aos migrantes. Conta con sedes na Coruña e Madrid e estende as súas accións por todo ou Estado e tamén a nivel internacional.

Relacionadas

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous...

A Banda Municipal de Música da Coruña bateu o seu récord de espectadores e...

0
A formación municipal programou o ano pasado un total de 47 espectáculos, cunha asistencia total de 45.500 espectadores A Banda Municipal de Música da Coruña...

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Protección Civil de Bergondo pecha 2024 con máis dun milleiro de actuacións

0
· O 40% das intervencións eran de emerxencia e risco. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo acaba de presentar o balance...

Extinguido un lume nun cadro eléctrico nas Salgueiras, Concello de Coristanco

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron As Salgueiras, parroquia de Seavia no concello de Coristanco por un aviso dun incendio dun cadro...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela,...

0
● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña. ● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados...

Publicacións Relacionadas