HomeA CoruñaO Concello renova o firme de varias rúas nos barrios de Feáns,...

O Concello renova o firme de varias rúas nos barrios de Feáns, As Atochas e Santa Xema

- Anuncio -spot_img

O Goberno municipal dá continuidade ao plan para mellorar o pavimento en todos os distritos, unha iniciativa que se está a levando a cabo de forma progresiva de acordo coas asociacións veciñais

Infraestruturas amplía o estacionamento para residentes en Veramar mentres duren as obras do paseo marítimo

O Concello rematou esta semana tres novas intervencións dentro do plan de mellora do pavimento nos barrios da cidade, unha iniciativa de continuidade que se está a levando a cabo en todos os distritos de forma progresiva e de acordo coa veciñanza.

Nos últimos días o persoal de Infraestruturas abordou traballos para renovar o firme nas rúas Muíños de Abaixo, en Feáns; Veramar, na contorna da praza das Atochas e Orillamar; e Luis López Casanegra, situada no lugar de Santa Xema.

No caso de Muíños de Abaixo, que conecta coa estrada principal do núcleo de Feáns, a vía onde se mellorou o pavimento está localizada nas inmediacións do centro cívico veciñal.

Desta forma, atendendo ao desgaste acumulado polo firme e á relevancia deste enclave ao ser unha vía de tránsito habitual para a veciñanza de Feáns, o Goberno de Inés Rey concretou nesta primeira quincena de marzo os traballos para a súa renovación.

En paralelo, os operarios de Infraestruturas tamén remataron outra intervención de pavimentado en Luis López Casanegra, unha rúa que decorre baixo a avenida de Pedralonga e a estrada N-550 Coruña-Santiago e é a principal arteria de conexión para o paso de vehículos entre o lugar de Santa Xema e o barrio de Palavea.

Por outra banda, e atendendo ás solicitudes veciñais, a concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade tamén acometeu melloras no firme da rúa Veramar, que une a praza das Atochas co sector leste do paseo marítimo. Aproveitando a intervención, o Concello dispuxo esta semana a sinalización horizontal pertinente para que o estacionamento en Veramar sexa exclusivo para a veciñanza do distrito mentres continúen os traballos de reurbanización e humanización no sector leste do paseo marítimo, no tramo entre o viaduto das Ánimas e o cemiterio de Santo Amaro.

Publicacións Relacionadas