HomeA CoruñaA CoruñaO Concello reúne á Mesa Sectorial de Vivenda para analizar a evolución...

O Concello reúne á Mesa Sectorial de Vivenda para analizar a evolución do mercado residencial na cidade

- Anuncio -spot_img

A sesión abordou os últimos datos do Observatorio Galego da Vivenda e avanzou na coordinación institucional e social para reforzar as políticas públicas de acceso á vivenda

O Concello da Coruña celebrou esta mañá unha nova sesión da Mesa Sectorial de Vivenda, un foro de traballo no que participaron representantes institucionais, colexios profesionais, entidades sociais, asociacións empresariais e colectivos veciñais co obxectivo de avaliar a situación actual do mercado residencial e compartir propostas de actuación.

A reunión estivo presidida polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, quen puxo en valor este espazo estable de diálogo como ferramenta clave para “compartir diagnósticos rigorosos, analizar datos obxectivos e seguir avanzando en solucións coordinadas que garantan o dereito a unha vivenda digna”.

Durante a sesión analizáronse os últimos datos do Observatorio Galego da Vivenda, que reflicten en xaneiro de 2026 unha baixada do 5,2% no importe medio das fianzas respecto ao mesmo mes do ano anterior, así como un descenso do 7% en comparación con decembro de 2025 . Tamén se abordou a evolución das fianzas depositadas, nun contexto no que a tendencia é semellante no conxunto das cidades galegas.

O concelleiro sinalou que estes datos deben interpretarse con prudencia, mais poden indicar unha posible moderación tras os incrementos rexistrados nos últimos exercicios.

Neste sentido, reiterou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa mobilización de solo público, a promoción de vivenda protexida e o reforzo da colaboración interadministrativa.

Na Mesa participaron representantes de entidades sociais e profesionais vinculadas ao ámbito da vivenda, así como persoal técnico municipal, consolidando este órgano como espazo de diálogo permanente para afrontar un dos principais retos sociais da cidade.

Publicacións Relacionadas