HomeA CoruñaO Concello reunirá aos comerciantes para presentarlles o novo programa de dinamización...

O Concello reunirá aos comerciantes para presentarlles o novo programa de dinamización económica de Nadal

- Anuncio -spot_img

· A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, presentará as actividades desta edición, coas que se buscará “estimular o consumo no noso tecido comercial”.

· A xuntanza terá lugar o martes, 28 de outubro, ás 20.30 horas no auditorio da Biblioteca Municipal.

A Concellería de Promoción Económica celebará a próxima semana unha xuntanza cos comerciantes do municipio de cara á vindeira campaña de Nadal. O obxectivo do encontro será a presentación das distintas actividades de dinamización e propostas que se levarán a cabo durante este período, tal e como avanza a concelleira da área, Amparo Cerecedo.

Como explica a edil, “o Nadal é unha das épocas do ano nas que se produce un maior consumo, polo que o noso obxectivo é pór en marcha actividades que sirvan para estimular as vendas no tecido económico da Pobra”.

O encontro será o martes, 28 de outubro, ás 20.30 horas no auditorio da Biblioteca Municipal.

Publicacións Relacionadas