Home A Coruña O Concello reurbanizará Paio Gómez, que será peonil e contará con espazos...

O Concello reurbanizará Paio Gómez, que será peonil e contará con espazos axardinados

- Anuncio -

O Goberno de Inés Rey avanza no seu plan para remodelar as rúas próximas á praza de Lugo, atendendo aos seus fluxos diarios de mobilidade e ao seu carácter comercial, pola proximidade do mercado municipal

A renovación do pavimento na rúa Paio Gómez seguirá os estándares estéticos que sustentaron as actuacións na rúa Compostela e tamén en Picavia, onde se dispuxo granito gris no canto das antigas baldosas

O Goberno municipal ten rematado o proxecto para reurbanizar a rúa Paio Gómez, unha actuación que se levará a cabo nos vindeiros meses en liña coas xa executadas na contorna da praza de Lugo, como rúa Betanzos e Compostela.

Paio Gómez, que conecta directamente coa praza de Pontevedra, conta con dous carrís de circulación no mesmo sentido, ambos os dous en dirección á praza. Un deles, en superficie, mentres que o outro sae do túnel da praza de Lugo. O Concello manterá operativo este último, suprimindo o que vai en superficie para ampliar as beirarrúas e mellorar a accesibilidade nas beirarrúas do marxe dos impares, onde tamén se creará un parterre con arboredo e máis mobiliario urbano.
“O noso obxectivo é resolver as necesidades en materia de accesibilidade que se detectaron en Paio Gómez, un espazo que é eminentemente peonil”, indicou a alcaldesa, Inés Rey, que expuxo que o mantemento do carril que baixa polo túnel da praza de Lugo é fundamental para garantir o traballo diario das e dos profesionais do mercado, tamén o desenvolvemento das tarefas asociadas á carga e descarga de mercadorías.

Ademais, no contexto da intervención tamén está previsto dotar a rúa Paio Gómez dunha nova rede de recollida de augas pluviais, que se habilitará no treito de beirarrúa ampliada.

Na entrada e saída a Paio Gómez, pasos peonís en elevación
A readaptación de Paio Gómez para mellorar o tránsito peonil tamén suporá a elevación dos pasos peonís existentes a un lado e ao outro da rúa.

Tanto no acceso de saída á praza de Pontevedra como no de entrada desde a praza de Lugo os pasos peonís terán o pavimento da calzada ao mesmo nivel có das beirarrúas. Ademais, no caso específico do cruzamento coa praza de Lugo e Fonseca, incrementarase a superficie do paso peonil, atendendo aos seus fluxos de mobilidade habituais.

Paio Gómez, tras as actuacións en Compostela e Betanzos

Nos últimos anos, o Goberno de Inés Rey actuou na contorna da praza de Lugo para adecuar as rúas próximas á realidade do seu día a día, ampliando os espazos públicos e dándolle prioridade a viandantes nun enclave da cidade cun claro impacto comercial.

Desta forma, primeiro acometeuse a peonalización da rúa Compostela e, xa posteriormente, executáronse melloras nas rúas Picavia e Betanzos, onde tamén se ensancharon as beirarrúas e renovaron os pavimentos, facéndoos máis accesibles e apostando por materiais máis duradeiros, entre outras medidas.
“Isto é precisamente o que faremos en Paio Gómez. Os informes técnicos apuntan a que é necesario substituír as baldosas, pola deterioración experimentada ao longo do tempo, e a previsión é dispor lousas de granito gris idénticas ás das rúas Compostela e Picavia, dando así unha continuidade estética a esta parte do Ensanche”, apuntou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas