HomeA CoruñaO Concello saca a contratación por 107.000 euros o proxecto de mellora...

O Concello saca a contratación por 107.000 euros o proxecto de mellora da cuberta do pavillón municipal ‘Juan Tenreiro’

- Anuncio -spot_img

• As obras consisten na substitución da cuberta e de parte das luminarias existentes por outras máis eficientes energéticamente.

• O prazo para presentar ofertas finaliza o 5 de setembro.

O Concello de Miño sacou a contratación no perfil do contratante municipal o proxecto de mellora da cuberta do pavillón municipal ‘Juan Tenreiro’, unha actuación que conta cun orzamento total de 107.000 euros e que conta cunha subvención de 60.000 euros da Xunta de Galicia.

A actuación inclúe, por unha banda, a substitución da cuberta actual, tanto a da zona xeral como a do acceso a bancadas. Con esta renovación conséguese, ademais de mellorar a eficiencia enerxética da instalación, unha mellora das condicións actuais xa que, hoxe en día e debido ao paso do tempo, a cuberta presenta unha serie de patoloxías por filtracións de auga. Ademais, se substituirán as luminarias existentes por outras máis eficientes energéticamente, de tipo LED.

O prazo para presentar ofertas por parte das empresas interesadas finalizará o próximo 5 de setembro.

Publicacións Relacionadas