Home A Coruña O Concello saca a licitación cinco proxectos de mellora de vías municipais...

O Concello saca a licitación cinco proxectos de mellora de vías municipais por 273.000 euros

- Anuncio -

• O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 18 de agosto.

• Executaranse arranxos nos núcleos de Vila, Souto, Espiga, Pena de Eiriz e Recemel, entre outras zonas do termo municipal. Inclúese financiamento por parte da Consellería de Medio Rural e da Deputación da Coruña.

O Concello das Somozas acaba de sacar a licitación cinco de proxectos de mellora na rede de vías municipais cun orzamento de 273.383,74 euros. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 18 de agosto.

Entre estas actuacións está a renovación da pista entre Vilastriz e Montecalvo cun orzamento de 72.511,51 euros. Por outra banda, actuarase nos núcleos de Vila, Souto e Espiga por un importe de 55.123,96 euros, neste caso con financiamento da Consellería de Medio Rural a través do Plan de mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Tamén se inclúe a mellora do firme das vías de Ramez – Seixas e Pena do Pazo por 59.776,15 euros. Neste proxecto cóntase con financiamento do POS+2021 da Deputación da Coruña.

Actuarase, á súa vez, no treito entre Seixidal e Cardexo con cargo ao POS+ Adicional 2020 cun orzamento de 50.972,11 euros. O derradeiro proxecto supón o acondicionamento das marxes de varias vías nos núcleos de Toca, Pena de Eiriz e Recemel, entre outros, por un importe de 35.000,01 euros.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou a importancia de “seguir mellorando As Somozas en materia de infraestruturas, neste caso actuando na rede viaria, para que a veciñanza poida circular polo municipio en condicións de seguridade”.

Relacionadas

O PP de Culleredo advirte que o pavillón de Tarrío deteriórase día tras día...

0
∙ A simple actualización de prezos que pretende realizar José Ramón Rioboo é “totalmente insuficiente. Necesítase un proxecto novo que recolla as verdadeiras necesidades...

Laxe xa conta coa súa pista de pádel e o seu parque biosaudable para...

0
• Francisco Charlín, alcalde do municipio, e Roberto García, da Secretaría Xeral para o Deporte, inauguraron esta mañá as instalacións • O rexedor destacou que...

Arrincan as obras de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade do polideportivo de Guísamo

0
· Para unha mellor execución limitaranse as prazas no aparcamento. · O proxecto conta cun orzamento de 342.792 euros. Esta semana deron comezo as obras de...

Marta Abal reclama a posta en marcha do Programa de patios inclusivos nos CEIPs...

0
Explica que o goberno socialista iniciara xa os traballos de contratación dun estudo a COGAMI e pídelle agora ao executivo local a súa posta...

O festival Aquí Tamén se Fala traerá á praza da Tolerancia o 7 de...

0
O concelleiro responsable da área de Cultura, Gonzalo Castro, salientou o impulso que o Goberno de Inés Rey está a dar á cultura en...

O xefe do Servizo Municipal de Emerxencias participa como ponente no Seminario Internacional de...

0
Juan M. Suárez Vilas, coordinador do Servizo de emerxencias e protección civil do Concello de Oleiros, participa esta fin de semana como ponente no...

Publicacións Relacionadas