HomeA CoruñaO Concello saca a poxa as parcelas coas 20 estruturas de vivendas...

O Concello saca a poxa as parcelas coas 20 estruturas de vivendas pareadas en Costa Miño

- Anuncio -spot_img

• O goberno local aproba o expediente de contratación para estas parcelas cun prezo de saída total de 487.009,03 euros.

• Os terreos, antiga titularidade de Martinsa Fadesa, foran adxudicados polo xulgado do Mercantil ao Concello de Miño.

O Concello de Miño aproba o expediente de contratación para a poxa de dúas parcelas situadas de Costa Miño coas 20 estruturas de vivendas pareadas, por un prezo de saída de 487.009,03 euros.

Os terreos, ambos de titularidade municipal, terán un prezo de saída de 437.088,73€, a parcela VP-5, e de 49.920,30€, a GS. A próxima semana publicarase esta poxa na Plataforma de Contratación.

A través desta actuación búscase unha redución no gasto público a través da supresión dos gastos do seu mantemento, ao mesmo tempo que se buscará extraer o máximo rendemento a estas parcelas, permitindo aliviar deste xeito a demanda de vivendas no municipio.

Con esta acción búscase, doutra banda, tratar de terminar as antigas estruturas que quedaban en Costa Miño. Deste xeito mellorarase a imaxe da urbanización e, ademais, conseguiranse uns importantes ingresos para ir afrontando a cuantiosa débeda que soporta o Concello de Miño.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo sinala que esta actuación “continuamos, pouco a pouco, dotando de máis servizos a Costa Miño e completando a urbanización, dando resposta á actual demanda de vivenda na zona”.

Publicacións Relacionadas