Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello solicítalle á Xunta 29 novas licenzas de taxi e demanda...

O Concello solicítalle á Xunta 29 novas licenzas de taxi e demanda a modificación lexislativa que permita as licenzas temporais

- Anuncio -

O Concello pediralle á Xunta de Galicia que permita a creación de 29 novas licenzas de taxi en Santiago, a metade delas para vehículos adaptados, e que impulse a modificación da actual lexislación para que se poidan crear licenzas temporais. Así se recolle no estudo de mobilidade específico que lle será remitido á Consellería de Vivenda e Planificación das Infraestruturas, e que esta mañá foi aprobado pola Xunta de Goberno.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais deu conta do acordo adoptado esta mañá pola Xunta de Goberno para aprobar o estudo de mobilidade para a tramitación dun cupo específico do número de licenzas de taxi en Santiago, e para remitirlle ese documento á Xunta, que deberá emitir informe vinculante ao respecto. O informe xustifica a necesidade de incrementar o número de licenzas de taxi en Compostela, “porque aínda que se cumpre a ratio legal dunha licenza por cada 1.000 habitantes, a realidade é que existen datos oficiais e evidencias que demostran que a oferta é insuficiente para atender a demanda real deste servizo”. Nese sentido, o estudo alude “ás circunstancias especiais de Santiago que incrementan a demanda de taxis, como son a capitalidade, a presenza de servizos públicos relevantes como os universitarios e sanitarios, o impacto do Camiño de Santiago e do turismo, e en particular do turismo de congresos; e mesmo a dispersión da poboación e as condicións climatolóxicas”.

Poboación vinculada

A lei 4/2013 de 30 de maio, pola que se regula o transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia fixa a ratio de licenzas de taxi en función da poboación residente, e limítaa a unha licenza por cada mil habitantes. O informe aprobado hoxe reclama que se teña en conta nesta ratio a poboación vinculada, que o INE define como “o conxunto de persoas que teñen algún tipo de relación presencial estable cun concello, xa sexa porque residen alí, porque estudan ou traballan nel, ou porque adoitan pasar nese concello certos períodos de tempo durante o ano”. Tal e como explicou Xan Duro, “Santiago ten a maior porcentaxe de poboación vinculada das grandes cidades galegas, cun 176% fronte ao 126% de Vigo ou o 140% da Coruña”. Isto significa que por cada 100 persoas residentes no noso municipio, hai outras 77 con vínculos na cidade por estudos, traballo ou outras causas que implican durmir nela máis de 14 noites ao ano.
Desta maneira, e se se ten en conta a poboación vinculada para establecer o cupo de licenzas de taxi, Santiago precisaría de 29 licenzas máis para cumprir a ratio de unha licenza por cada 1.000 habitantes.

Menos licenzas que hai dez anos

O concelleiro de Mobilidade explicou que, malia o incremento da demanda, “o número de licenzas de taxi en Santiago non medrou nos últimos anos, de feito a última ampliación é de 1998 e só supuxo o incremento de dúas licenzas”. Na actualidade en Compostela hai 144 taxis, tres menos que en 2013. Nesa altura, explicou Xan Duro, “Santiago tiña 96.000 habitantes, 2.000 menos que na actualidade, e a evolución é moito máis impactante se falamos do Camiño de Santiago e do turismo: pasamos de 215.000 peregrinos e peregrinas en 2013 a 446.000 en 2023; e de dous millóns de viaxeiros na terminal de Lavacolla en 2013 a 3,5 millóns en 2023”. O edil tamén se referiu, neste sentido, aos datos que recolle o informe sobre os servizos realizados a través de RadioTaxi, que pasaron de 212.000 no ano 2016 a máis de 360.000 en 2022.

Taxis adaptados

No informe que se lle vai remitir á Xunta incídese tamén na necesidade de incrementar o número de taxis adaptados, “reclamando que a metade das 29 novas licenzas que se solicitan sexan para este tipo de vehículos”. O concelleiro de Mobilidade explicou que na actualidade en Santiago hai 10 taxis adaptados, “e ainda que se cumpre o requisito mínimo legal que establece que a porcentaxe sexa de cando menos un 5%, entendemos que a demanda é maior, tanto atendendo ao concepto de poboación vinculada como tendo en conta o envellecemento da poboación que está vinculado a un aumento das ratios de dependencia funcional e das dificultades de mobilidade física”. Xan Duro explicou que “esta é unha demanda frecuente de diferentes entidades de tipo social, que consideramos que é preciso atender”.

Alegacións

Xan Duro, explicou que o Goberno local está a seguir os pasos establecidos no Decreto 103/2018 de 13 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia. Así, o documento aprobado hoxe fóralle previamente remitido ás asociacións representativas do sector do taxi, aos sindicatos, á FEGAMP, a COGAMI e á Unión de Consumidores de Galicia. Neste proceso de presentación, presentáronse alegacions por parte da Unión de Consumidores de Galicia, da Asociación de Asalariados do Taxi e da Asociación de Autotaxi, “alegacións que eran contradictorias entre sí, e que a Xunta de Goberno acordou hoxe rexeitar”.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas