Home A Coruña O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da Agra do Orzán e o Ensanche

- Anuncio -

As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona

O Concello acaba de aprobar a concesión e aboamento de axudas para mellorar a accesibilidade en tres edificios correspondentes a comunidades de propietarias e propietarios nos números 57 da rúa Almirante Mourelle, os números 28-30 da rúa Palomar e o número 84 da rúa Barcelona, nos barrios da Agra do Orzán e o Ensanche.

Estas axudas foron solicitadas polas veciñas e veciños a través da pasada convocatoria municipal de subvencións para a conservación, mellora da eficiencia enerxética e accesibilidade en edificios de vivendas, unha iniciativa coa que o Goberno de Inés Rey lles facilita ás e aos propietarios a posta en marcha das obras necesarias para garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida desde a vía pública aos seus edificios, así como tamén ás súas vivendas.
O importe subvencionable das obras chega ata o 50% do investimento total a realizar. Desta forma, o Concello contribúe así a facilitar a instalación de ascensores, a creación de ramplas que permitan salvar escaleiras nos portais e, en xeral, a mellora da accesibilidade en áreas comúns. No caso destas tres comunidades de propietarias e propietarios nas rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona, o Concello achega, no seu conxunto, un total de 89.980 euros, para facer fronte aos investimentos previstos.

O concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, puxo en valor esta liña de axudas “que lles permite ás comunidades de propietarios afrontar cun maior desafogo a execución dunhas obras moi necesarias para facilitar o día a día das veciñas e veciños nos seus espazos de residencia”.

Ademais, o concelleiro fixo fincapé no compromiso do Goberno de Inés Rey de dar continuidade a este plan de axudas, “para impulsar melloras de accesibilidade en barrios onde, pola súaconfiguración urbanística, as datas de construción dos edificios ou as pirámides de idade, é importante facilitar este tipo de desenvolvementos para adaptarse ás necesidades das e dos residentes”. Lage apuntou, por exemplo, os casos da Agra do Orzán e de Monte Alto.

O Goberno de Inés Rey destina 5 millóns de euros á mellora da accesibilidade nos barrios
A finais de decembro aprobáronse os Orzamentos 2024, nos que se destinou unha partida específica de 5 millóns de euros para acometer o Plan de Accesibilidade dos Barrios, unha medida coa que o Goberno de Inés Rey busca atender as necesidades específicas de cada distrito da cidade neste eido, atendendo ás posibles melloras de infraestruturas e espazos públicos como as beirarrúas e os pasos peonís.
A isto súmanse, ademais, actuacións urbanísticas cofinanciadas con fondos Next Generation en barrios como Monte Alto e O Castrillón. No primeiro deles, o Concello acometerá os traballos de instalación das novas escaleiras mecánicas que permitirán salvar o desnivel existente entre as rúas Adelaida Muro e Ángel Rebollo. As obras adxudicáronse o pasado mes de marzo.

Por outra banda, actualmente están en fase de licitación as obras de instalación dos novos ascensores que conectarán as rúas Pintor Villar Chao e Juan Montes, entre A Gaiteira e O Castrillón, unha intervención que tamén mellorará a accesibilidade nun enclave de forte pendente.

Relacionadas

A Coruña acolle unha nova edición de Karate 1-Youth League, con máis de 3.000...

0
Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, presentou esta proba internacional que se realizará do 16 ao 19 de maio no Palacio...

San Sadurniño sortea a composición das mesas electorais das Europeas

0
No pleno extraordinario celebrado este mediodía tamén se aprobou por unanimidade a modificación orzamentaria para acomodar a rehabilitación da galería do pazo O domingo 9...

Accidente na DP-0810 fronte a Villa Julia

0
Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico na estrada DP-0810 ao seu paso por Bergondo, no punto negro de tráfico fronte a Villa Julia....

Éxito na celebración do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organizou Xiradela

0
· Unhas 600 persoas entre participantes e público se deron cita na tarde de onte, domingo 12 no Paseo do Balneario de Arteixo. · Achegáronse...

O TSXG confirma a validez do Decreto do Consorcio Provincial co que foi aprobada...

0
· A apelación do Sindicato Independente de Bombeiros de Galicia foi desestimada, do mesmo xeito que o recurso contencioso – administrativo, outorgándolle validez á...

O Concello licita por 32.000 euros o servizo de limpeza de praias durante o...

0
· A empresa adxudicataria traballará durante a temporada estival en 16 areais do municipio e nos accesos aos mesmos. · Entre as tarefas a realizar...

Publicacións Relacionadas