Home A Coruña O Concellos de Brión e Ames forman a 120 persoas a través...

O Concellos de Brión e Ames forman a 120 persoas a través do Programa Integrado de Emprego e do obradoiro dual Renova VI

- Anuncio -

A directora xeral de Formación e os alcaldes de Brión e Ames poñen en valor o papel destas dúas actividades formativas na integración laboral dos veciños e veciñas de ambos os dous municipios

Pablo Lago destaca a importancia de “mancomunar, compartir servizos e facer cousas conxuntas, pois así chegas máis lonxe”

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e os alcaldes de Brión, Pablo Lago, e Ames, Blas García, visitaron hoxe o Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova, onde se imparte o programa integrado de emprego, que rematará o vindeiro 12 de novembro. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% das 100 persoas desempregadas participantes, superando obxectivo de inserción inicial.

De seguido, achegáronse á ETAP de Sisalde, que presta servizo a ambos concellos, onde os 20 alumnos/as do obradoiro dual de emprego Renova VI están instalando paneis solares fotovoltaicos. Ambos os dous programas están financiados pola Xunta de Galicia a través de dúas subvencións por un importe total de 766.156,80 euros. Os Concellos de Ames e Brión achegan o financiamento restante, que ascende a 219.483,15 euros.

O alcalde de Brión agradece a colaboración tanto da Xunta como do Concello de Ames para levar a cabo estas iniciativas xa que “na visita de hoxe puidemos comprobar a acollida que teñen na veciñanza, tanto a nivel de formación para conseguir un emprego digno como a nivel de obras, que repercuten positivamente nos veciños”. Neste sentido, asegura que “eu sempre son de mancomunar, compartir servizos e facer cousas conxuntas pois así chegas máis lonxe”.

Un claro exemplo disto é a rehabilitación integral da piscina de Bastavales, realizada polo alumnado do obradoiro de emprego Renova VI onde se cambiaron a bomba de auga, os filtros da piscina e todo o sistema de tubaxes da instalación, ademais de proceder á limpeza do vaso da piscina, a mellora da zona de praia e unha completa reforma dos vestiarios, onde se cambiaron as portas e as duchas nas que, por primeira vez, haberá auga quente.

Na visita desta mañá ao Centro de Formación e Emprego de Ames e á depuradora de Sisalde participaron tamén a tenente de alcalde de Brión, Sandy Cebral, e as concelleiras de Promoción Económica e Emprego, Guarina Rey, e de Servizos Sociais, Rosa Romero, xunto á concelleira de Promoción Económica e Emprego de Ames, Ana Belén Paz, e persoal docente do obradoiro e do PIE.

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, explicou que “desde a Xunta é un pracer poder asistir a esta visita e ver os resultados exitosos das políticas activas de emprego que estamos a levar a cabo desde a Consellería de Emprego, Comercio e Migración onde o que incentivamos, precisamente, é a empregabilidade das persoas que están a participar nestes programas, sobre todo cara sectores de alta empregabilidade. Este é un exemplo de colaboración entre administracións públicas no que ambas compartimos ese interese na mellora da empregabilidade da poboación veciña deste dous concellos. Por suposto, vistos os resultados, son programas que seguiremos impulsando nos orzamentos do 2025, apoiando os programas integrados e os obradoiro de emprego. Tamén queremos dar a noraboa a este dous concellos, porque acertan moito nas familias profesionais, nos sectores aos que están orientados. Seguiremos co obxectivo de xerar un emprego de maior calidade e axudar á busca de emprego da nosa poboación activa en situación de desocupación”.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “agradecemos á Xunta esa colaboración que desde fai anos leva facendo no eido da formación cos Concellos de Ames e Brión. Pola nosa parte queremos seguir colaborando tanto coa Consellería como coa Xunta. Quero destacar a importancia do traballo que facemos en conxunto; por un lado porque aos Concellos nos permite aforrar, como no caso do obradoiro de paneis fotovoltaicos que redunda no aforro dos veciños, e por outro, estamos a falar de persoas. Tanto nos integrados como nos obradoiros, isto estámolo facendo para que as persoas que están a ter dificultades para atopar un emprego vexan que as administracións camiñan ao seu lado para axudarlles no camiño”.

Renova VI

Os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver a sexta edición do obradoiro dual de emprego Renova, no que participan 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial ENAE0108 de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impártese a especialidade do catálogo SEPE: SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas. O alumnado ten que completar 1.920 horas de formación teórica e práctica. Este obradoiro rematará o vindeiro 23 de novembro e os Concellos de Ames e Brión xa están traballando no proceso de selección da sétima edición deste obradoiro de emprego.

Ademais, completouse a formación do alumnado no certificado de profesionalidade con cinco cursos a maiores: curso de prevención de riscos laborais homologado pola Fundación laboral da construción, curso de carretillas elevadoras, curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP), curso de traballos en altura, e curso sobre a lexionela. Ditas accións formativas teñen o obxecto de inculcar prácticas seguras nos traballos e nas actuacións aprobadas (cultura preventiva) e mellorar a cualificación e empregabilidade do alumnado.

Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego en que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 546.546,€, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. Ames e Brión achegaron 179.476,18 €.

Actuacións

Ademais da formación teórico práctica, o alumnado realizou 22 actuacións de interese municipal. Nestes momentos están montando unha nova instalación de paneis solares fotovoltaicos na estación depuradora de Sisalde, que presta servizo a Ames e Brión. Dita instalación consta 90 módulos fotovoltaicos para unha potencia total instalada de 49,5 kWp, ademais dos equipamentos adicionais para o seu funcionamento (inversores, cableado, etc.). Así mesmo executáronse traballos previos para o acondicionamento do terreo (nivelación, instalación de zapatas e lastres para os paneis, etc.). Tamén se executaron as instalacións fotovoltaicas e sistema de bombeo nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro, así como a instalación dun sistema de bombeo na piscina municipal de Bastavales en Brión.

Así mesmo, realizáronse traballos de mantemento nas instalacións fotovoltaicas do centro de formación e emprego do concello de Ames, no campo de fútbol e no pavillón polideportivo de Bertamiráns, no campo de fútbol do Milladoiro, na Casa da Cultura e nas instalacións deportivas do Milladoiro, na escola infantil municipal de Brión, no pavillón polideportivo de Brión, no espazo colaborativo Transformando de Brión, na planta EDAR da Ameixenda, na planta EDAR do Milladoiro, no centro polivalente de Brión, na estación depuradora de Lens (que presta servizo aos concellos de Ames e Brión), e na pérgola fotovoltaica da biblioteca de Brión.

Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión

Ademais do obradoiro de emprego, os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver o programa integrado de emprego 2023-2024, que rematará o vindeiro 12 de novembro de 2024. A edición actual conta con 100 participantes demandantes de emprego dos colectivos: persoas menores de 30 anos, persoas maiores de 45 anos e mulleres. Á data actual xa están a traballar ou traballaron o 50% dos participantes, superando obxectivo de inserción inicial. Para realizar este programa contouse cunha subvención da Xunta de 219.610 euros, mentres que os Concellos achegaron 40.006.97 euros.

Ao longo do programa desenvolvéronse catro itinerarios formativos de carácter sectorial, nos que se incluían diferentes cursos e prácticas non laborais: actividades para a infancia e a xuventude; actividades de comercio e atención ao público; xestión e organización do almacén e turismo, acompañados de prácticas non laborais en empresas do concello e a súa contorna. Os itinerarios completáronse con formación transversal en inglés, manexo de carretilla elevadora, hixiene e manipulación de alimentos e técnicas de primeiros auxilios, entre outros, ademais de toda a formación en habilidades socio-laborais e busca de emprego

Actualmente estase a impartir a última formación programada, correspondente a informática e novas tecnoloxías, e alumnado da formación sectorial realiza ou xa finalizou prácticas non laborais en diferentes empresas da contorna.

Nova edición

Ademais, os Concellos de Ames e Brión xa puxeron en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Na actualidade estase co proceso de selección das persoas participantes. Ata o día 29 de novembro de 2024 está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2024-2025. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas