HomeA CoruñaO Consorcio As Mariñas aproba os seus orzamentos de 19,1 millóns e...

O Consorcio As Mariñas aproba os seus orzamentos de 19,1 millóns e prepara a licitación inminente do novo servizo de recollida

- Anuncio -spot_img

• Os alcaldes seguen á espera de recibir os pregos de tratamento de Nostián por parte da Coruña

O Consorcio As Mariñas celebrou na maña de hoxe o seu pleno, no que se aprobaron por unanimidade os orzamentos para este exercicio, por valor de 19.148.725,96 euros, e abordouse a folla de roteiro para os novos servizos de recollida e de tratamento e eliminación de residuos, principais prestacións da entidade supramunicipal.

Asistiron ao pleno, alén do presidente e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, de Bergondo, Alejandra Pérez, de Cambre, Diana Piñeiro, o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, de Culleredo, José Ramón Rioboo, de Sada, Benito Portela, e o primeira tenente de alcalde de Oleiros, María José Varela.

Dos orzamentos aprobados, a xestión do lixo supón o maior gasto cun total de 16.369.204,10 euros, dos que 8.233.642,22 euros van destinados á recollida e 6.944.300 euros ao tratamento e eliminación de residuos cos correspondentes impostos asociados.

Ambas as prestacións deben ser renovadas e os pasos para seguir foron outra das cuestións abordadas polos concelleiros. Os Concellos dispoñen dunha proposta definitiva de pregos para a contratación do servizo de recollida. Hoxe acordouse fixar o 15 de abril como data límite para que os concellos poidan trasladar algunha variación ou xa dalos por validados. A partir de aí poderase publicar a contratación de forma inminente, e que terá prazos longos xa que será preciso levar ao Diario Oficial da Unión Europea.

En canto ao servizo de tratamento e eliminación, Santiso explicou que pendente de que o Concello da Coruña proporcione información sobre os pregos de contratación, pendentes da súa aprobación na ONE despois de ser modificados. “Se queren contar con nós entendo que deberían facilitarvos vos pregos”, sinalou.

O presidente está pendente dunha nova reunión coa Coruña, tras a que informará os alcaldes e alcadesas do Consorcio. Lembra que o compromiso existente de seguir en Nostián por un euro menos do que cobra Sogama manterase ata que se poña en marcha o novo servizo e aí o Consorcio terá que decidir sobre a prestación.

Así, cos novos contratos de recollida e de tratamento o Consorcio poderá estudar a actual ordenanza e taxa. O plan é encargar os traballos a unha consultora especializada.

Nestes orzamentos aprobados hoxe, a taxa que abonan os veciños mantense sen variacións, o que supón unha achega de 14.926.670,18 euros. A iso hai que sumarlle 639.978,87 euros procedentes do fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia. O interventor sinalou que, por tanto, a taxa non cobre o 100% do custo do servizo.

Os 8 Concellos membro achegan 704.595,52 euros, dos que se dedican 409.344,35 euros á lacería, outro dos servizos mancomunados. Así mesmo, destinan 283.251,17 euros ao Plan Coordinador de Servizos Sociais, para o que se conta tamén con subvencións da Xunta (120.481,39 euros) e da Deputación dá #o Coruña (60.000 euros).

Outros puntos

Ademais, o pleno aprobou a actualización do mencionado custo do servizo de recollida de lixo, que presta a empresa Prezero, nun 4,1%, debido principalmente á subida do IPC. O punto, como todos os tratados hoxe, saíu adiante por unanimidade.

O pleno tamén deu luz verde a adhesión do Consorcio ao convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente para o tratamento de residuos de envases domésticos lixeiros e papel e cartón dun só uso. A principal novidade é un incremento económico para as entidades locais.

Publicacións Relacionadas