Home A Coruña O Curso de Monitores Astroturísticos Starlight que promove Costa de Morte Asociación...

O Curso de Monitores Astroturísticos Starlight que promove Costa de Morte Asociación Turística ofrece 45 prazas e celebrarase en Vimianzo do 24 ao 29 de abril

- Anuncio -

“Queremos promover experiencias de astroturismo no noso xeodestino en 2023 da man dos profesionais que reciban esta formación”, destaca a presidenta de CMAT

O Curso de Monitores/as Astroturísticos/as Starlight que promove Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) en colaboración coa Fundación Starlight ofrece 45 prazas, das cales, en principio, 35 estarán reservadas para persoas interesadas de Costa da Morte. A formación, que se impartirá na Casa dá Cultura de Vimianzo, será intensiva (60 horas) e terá carácter teórico e práctico. O curso, primeiro destas características que se celebra na comunidade autónoma, terá lugar do luns 24 de abril ao sábado 29 de abril. A Fundación Starlight impartirá a formación e xestionará as inscricións ao curso, que terá un custo estimado de 71 euros para os profesionais de Costa da Morte e de 177,50 euros para as persoas doutros destinos, preferentemente de Destinos Turísticos Starlight de Galicia e resto de España e outros países.

Costa da Morte Asociación Turística, ente xestor do turismo do xeodestino Costa da Morte presidido por Mónica Rodríguez Ordóñez, obtivo o pasado mes de xaneiro o distintivo Destino Turístico Starlight. Como primeira acción para implantar este selo de excelencia na observación do ceo organiza o primeiro Curso de Monitores/as Astroturísticos/as Starlight de Galicia. “A nosa meta consiste promover a creación de experiencias de astroturismo en Costa da Morte ao longo de 2023 da man das persoas que reciban esta formación e, posteriormente, saiban transmitila a quen nos visite”, destaca Mónica Rodríguez.

Obxectivos específicos. O Curso de Monitores/as Astroturísticos/as Starlight pretende consolidar un grupo de persoas que exercerán de vixiantes do ceo nocturno e promoverán o respecto e a conservación deste patrimonio, especialmente en Costa da Morte e outros Destinos Turísticos Starlight. As persoas que reciban a formación, que aprenderán a interpretar o ceo en diferentes épocas do ano, serán as encargadas de poñer en marcha a curto e medio prazo actividades astroturísticas. Costa da Morte Asociación Turística tamén quere estreitar lazos entre Destinos Turísticos Starlight e crear e liderar un primeiro grupo público-privado especializado en astroturismo. “Queremos traballar de maneira colaborativa a favor do astroturismo e a conservación do ceo nocturno”, afirma a presidente de CMAT.

Prazas ofertadas. Das 45 prazas que ofrece o Curso de Monitores/as Astroturísticos/as Starlight, 35 están reservadas, nun principio, para persoas dá Costa da Morte. As outras 10 prazas están ao dispor de persoas doutros Destinos Turísticos Starlight, preferiblemente os de Galicia (Parque Nacional Illas Atlánticas, Concello de Muras e Trevinca).

Perfil do alumnado. A CMAT e a Fundación Starlight consideran que o curso está especialmente dirixido persoas con “interese e capacidade de promover e poñer en marcha iniciativas de astroturismo, entre os que están técnicos/as en municipios e entidades supramunicipais con coñecementos e experiencia en turismo e medio ambiente; directores e traballadores de aloxamentos turísticos, empresas de turismo activo, de aventura e axencias de viaxes; persoas certificadas como guías de turismo ou de natureza; e persoas con coñecementos científicos amantes do astroturismo, a astrofotografía e a divulgación científica.

Como inscribirse? Os interesados en realizar o Curso de Monitores/as Astroturísticos/as Starlight deberán solicitar a súa praza a través dun formulario que xestionará a Fundación Starlight, encargada tamén de seleccionar as 45 persoas que recibirán a formación. O prazo para inscribirse finalizará o 10 de abril. Espérase comunicar a adxudicación de prazas o 14 de abril.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas