Home A Coruña O doutor en Medicina Ángel Carracedo abre unha nova quenda de conferencias...

O doutor en Medicina Ángel Carracedo abre unha nova quenda de conferencias do ciclo Contando Ciencia

- Anuncio -

Sobre “A medicina xenómica” xirará mañá martes, ás 19.00 horas, a primeria sesión do ciclo “Contando Ciencia” en 2023. O programa, organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene, ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación en xeral. “Contando Ciencia” desenvólvese na Casa da Cultura de Fene un xoves (ou martes) ao mes, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Logo desta primeira charla, protagonizada polo doutor en Medicina da USC, Ángel Carracedo, os vindeiros convidados ao ciclo serán: Carmen García Jares, doutora en Farmacia, que falará sobre a “Seguridade dos produtos cosméticos” (9 de febreiro); Fran Canosa, doutor en Xeoloxía, cunha conferencia titulada “Galicia, un paraíso xeolóxico” (9 de marzo); Bea Hervella, meteoróloga, que falará sobre “O cambio climático en Galicia” (20 de abril); e María Canosa, enxeñeira de Camiños e escritora, que pechará o ciclo falando sobre “Máis vale maña que forza”.

Doutor en medicina pola USC, Ángel Carracedo é catedrático de medicina legal nesa mesma universidade. Foi director do Instituto de Medicina Legal entre 1994 e 2012 e, actualmente, dirixe a Fundación Pública de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de xeneotipado-ISCII.

Ademais, coordina o grupo de Medicina Xenómica UAC é e xefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica na Rede de Enfermidades Raras e da área de Xenética e Bioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Carracedo é considerado líder mundial en xenética forense e científico de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Ten acadado, entroutros, os seguintes recoñecementos: Premio Nacional de Xenética (2015); medalla de Galicia (2011); Premio Rey Jaime I á Investigación Médica; Medalla Castelao (2006), Medalla Adelaida e Premio Fernández Latorre (2011).

Trala sesión deste martes, prevista para as 19 horas na Casa da Cultura de Fene, a seguinte cita do ciclo Contando Ciencia será o xoves 9 de febreiro, con Carmen García Jares, doutora en Farmacia. Falará sobre “Seguridade dos produtos cosméticos”.

Relacionadas

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Nova programación durante o mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros

0
Durante o mes de maio terán lugar numerosas actividades e obradoiros no Centro da Mocidade das Pedras (Perillo) e en Portaberta (Santa Cruz) para...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte norte: de...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta pola Costa da Morte enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo...

Publicacións Relacionadas