Home A Coruña O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro...

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro Colón con tres funcións

- Anuncio -

Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano no Teatro Colón con tres funcións os días 28, 29 e 30 de decembro. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e os puntos de venda física habituais: as billeteiras do propio teatro e da praza de Ourense.

O Goberno de Inés Rey segue apostando por espectáculos de grande éxito, que encherán un dos teatros referentes a nivel galego e nacional. Nesta ocasión, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco poñerán fin a esta saga de espectáculos de humor. Despois de encher numerosos teatros galegos con ‘Somos Criminais‘ e ‘Somos Criminais 3‘, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán regresan aos escenarios coa derradeira entrega deste espectáculo.

Dirixida por Tito Asorey e con textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en ‘Somos Criminais e punto final’ os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular. Os humoristas serán os encargados de que na súa nave, rumbo a outro planeta, estea presente todo o noso patrimonio material e inmaterial máis prezado para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

Publicacións Relacionadas