O Concello de Oleiros esta fin de semana unha nova edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, RÚA EXT-CÉNICA; un festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa destinado a público xeral cuxos espectáculos foron gratuítos e para público familiar e adulto. Numeroso público presenciou en prazas e parques do Concello diversas actuacións de artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas transformando a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
O festival comezou o venres en Santa Cruz con dous espectáculos de circo nos que, principalmente nenos e nenas, gozaron das acrobacias e das disparatadas accións dos artistas paricipantes. O sábado as actuacións trasladáronse a Perillo onde primeiro houbo teatro e posteriormente un concerto de Eladio y los Seres Queridos, un grupo chamado a ser unha referencia nos próximos anos. Hoxe domingo pola mañá houbo un concerto de música infantil no parque da Lagoa de Mera e a última hora da tarde Circo en Santa Cruz.