O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión vén de retirar un poste de teléfono caído sobre o tendido eléctrico nunha estrada na localidade de Goiáns (Brión). Tras recibir a alerta do 112, ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos do GES e da Policía Local de Brión.
Debido á inestabilidade do poste, en mal estado de conservación, e o risco que podería supoñer para os usuarios da estrada, os operarios decidiron retiralo e asegurar o cableado, pasando aviso á empresa encargada do mantemento para que proceda á substitución do poste o antes posible.